Back

★ Carbono - carbono ..



Carbono
                                     

★ Carbono

O carbono é un elemento químico de número atómico 6 e símbolo C. É sólido a temperatura ambiente, e dependendo das condicións de formación, pode atoparse na natureza en distintas formas alotrópicas, carbono amorfo e cristalino en forma de grafito ou diamante. Na táboa periódica, é o primeiro dos seis elementos en columna 14, que teñen en común a composición da súa capa electrónica exterior. É un elemento non metálico e tetravalente. O carbono é un dos poucos elementos coñecidos dende a antigüidade.

É o alicerce básico da química orgánica: coñecendose preto de 10 millóns de compostos de carbono, e forma parte de tódolos seres vivos coñecidos. Forma o 0.2 % da codia terrestre. Todas as formas de vida que se coñecen están formadas de moléculas compostas principalmente por carbono, hidróxeno, nitróxeno e osíxeno ademais de multitude doutros elementos en menor proporción. Este elemento non metálico ten a interesante propiedade de ser quen de enlazarse con el mesmo e cunha ampla variedade doutros elementos. Dentro do corpo humano, é o segundo elemento máis abondoso por masa aproximadamente un 18.5% da total despois do osíxeno.

                                     

1. Historia

O carbón do latín carbo -ōnis, "carbón" foi descuberto na prehistoria e xa era coñecido na antigüidade na que se manufacturaba mediante a combustión incompleta de materiais orgánicos. Os últimos alótropos coñecidos, os fullerenos C60, foron descubertos como subproduto en experimentos realizados con feixes moleculares na década dos 80.

Newton, en 1704, intuiu que o diamante podía ser combustible, pero non se conseguiu queimar un diamante ata 1772, cando Antoine Lavoisier demostrou que na reacción de combustión se producía CO2.

Smithson Tennant demostrou que o diamante era carbono puro en 1797. O isótopo máis común do carbono é o 12C, en 1961 este isótopo elixiuse para substituír o isótopo osíxeno-16 como base dos pesos atómicos, e asignouselle un peso atómico de 12.

Os primeiros compostos de carbono identificáronse na materia viva a principios do século XIX, e por iso ao estudio dos compuestos de carbono chamouselle química orgánica.

                                     

2. Características

O seu número atómico é 6, é dicir, dispón de 6 protóns no núcleo, e, en estado neutro, 6 electróns na periferia. A súa masa atómica é de 12 um, pois o isótopo máis abundante ten 6 neutróns e polo tanto o seu número másico Z é 12). O seu símbolo é C

Como ten catro electróns de valencia, pode tomar tanto catro electróns como cedelos. Así, pode xuntarse con outros átomos de carbono formando as longas cadeas típicas das moléculas orgánicas.

Estado

Atópase na natureza en forma libre diamante, grafito e noutros compostos, tales como o carbón, nos carbonatos metálicos, ademais de tódolos compostos orgánicos, xa que é un elemento imprescindible para a vida. Por exemplo, as plantas absórbeno durante o proceso da fotosíntese para transformalo en hidratos de carbono.

                                     

3. Compostos inorgánicos

O máis importante óxido de carbono é o dióxido de carbono CO 2, un compoñente minoritario da atmosfera terrestre da orde do 0.04% en peso producido e usado polos seres vivos ver ciclo do carbono. Na auga forma trazas de ácido carbónico H 2 CO 3 pero, do mesmo xeito que outros compostos similares, é inestable, aínda que a través del poden producirse ións carbonato estables por resonancia. Algúns minerais importantes, como a calcita, son carbonatos.

Os outros óxidos son o monóxido de carbono CO e o máis raro subóxido de carbono C 3 O 2. O monóxido fórmase durante a combustión incompleta de materias orgánicas e é incoloro e inodoro. Dado que a molécula de CO contén un enlace triplo, é moi polar, polo que manifesta unha acusada tendencia a unirse á hemoglobina, formando un novo composto moi perigoso denominado Carboxihemoglobina e impedíndollo ao osíxeno, polo que se di que é un asfixiante de substitución. O ion cianuro CN −, ten unha estrutura similar e compórtase como os ións haluro.

Con metais, o carbono forma tanto carburos como acetiluros, ambos moi acedos. A pesar de ter unha electronegatividade alta, o carbono pode formar carburos covalentes como é o caso de carburo de silicio SiC, con propiedades semellantes ás do diamante.



                                     

4. Precaucións

Algúns compostos de carbono teñen un amplo rango de toxicidade. O monóxido de carbono, presente nos gases de escape dos motores de combustión e o cianuro CN son extremadamente tóxicos para os mamíferos. Os gases orgánicos eteno, etino e metano son explosivos e inflamables en presenza de aire. Polo contrario, moitos outros compostos non son tóxicos senón esenciais para a vida.

                                     

5. Véxase tamén

Ligazóns externas

  • EnvironmentalChemistry.com - Carbono en inglés.
  • Usos electroquímicos do carbono en inglés.
  • O carbono a Chemicool.com en inglés.
  • O carbono na Táboa Periódica de Vídeos en inglés.
                                     
  • O carbono asimétrico ou carbono quiral é aquel carbono que está enlazado con catro elementos ou grupos químicos distintos. Como se observa na imaxe lateral
  • O dióxido de carbono antes anhídrido carbónico é un composto químico constituído por dous átomos de osíxeno e un átomo de carbono A representación química
  • fortes, desprendendo dióxido de carbono CaCO3 s 2 HCl aq CaCl2 aq CO2 g H2O l Desprende dióxido de carbono por calor por encima de 840  C
  • tamén: Ciclo do carbono e Secuestro do carbono A fixación do carbono é a conversión do carbono inorgánico en forma de dióxido de carbono en compostos
  • A toxicidade do monóxido de carbono é causada pola inhalación de monóxido de carbono CO un gas considerablemente tóxico que, ao ser incoloro, inodoro
  • sacáridos ou, antes, hidratos de carbono son compostos químicos orgánicos que conteñen xeralmente osíxeno, hidróxeno e carbono A súa función é nutritiva e
  • óxido de carbono II foi usado nos motores dos vehículos xa que escaseaba a gasolina. Introducíase carbón mineral ou vexetal e o óxido de carbono II xerado
  • O aceiro ó carbono tamén coñecido como aceiro de construción, constitúe unha proporción importante dos aceiros producidos nas plantas siderúrxicas. Desta
  • formada por un conxunto de varios átomos de carbono unidos entre si mediante enlaces covalentes carbono - carbono á que se lle unen outros átomos, fundamentalmente
  • O ciclo do carbono é un ciclo bioxeoquímico polo cal o carbono se intercambia entre a biosfera, a litosfera, a hidrosfera e a atmosfera terrestre. Os


                                     
  • glícidos ciclados. Aparecen nos glícidos que presentan un carbono especial chamado carbono anomérico no que estaba situado orixinalmente o grupo aldehido
  • están en equilibrio co bicarbonato e o dióxido de carbono A maioría dos carbonatos á parte dos carbonatos dos metais alcalinos, son pouco solubles en auga
  • A fixación do carbono C4 é un dos tres procesos bioquímicos, xunto coa fixación C3 e a CAM, que se utilizan para fixar o carbono na fotosíntese. Denomínase
  • A fixación do carbono C3 é unha vía metabólica para a fixación do carbono na fotosíntese utilizada pola maioría das plantas, na cal o CO2 atmosférico
  • O ciclo carbono - nitróxeno - osíxeno é unha das dúas reaccións de fusión nuclear polas que as estrelas converten o hidróxeno en helio a outra reacción é
  • Carbonia - Iglesias en sardo, Carbònia - Igrèsias foi unha provincia da rexión de Sardeña, en Italia. As súas capitais foron as cidades de Carbonia e Iglesias
  • feito de que os bicarbonatos en contacto con ácidos liberan dióxido de carbono utilízanse en lévedos químicos empregando xeralmente trifosfatos como
  • turba: 60 de carbono - lignito: 70 de carbono - hulla: 80 a 85 o máis apreciado en minaría - antracita: 90 ou máis de carbono En Galicia explotáronse
  • cantidade de carbono variable entre o 0, 008  e o 2, 11  en masa da súa composición, dependendo do grao. Se a aliaxe posúe unha concentración de carbono maior
  • Coordenadas: 36 59 N 1 53 O 36.983, - 1.883 Carboneras é un concello español, situado ao sueste da provincia de Almería. No ano 2005 contaba 7.267 habitantes
                                     
  • carbono 2. A cetona máis simple é a triosa dihidroxiacetona, que é a única que non ten actividade óptica, xa que a molécula non contén ningún carbono
  • conxunto de substancias químicas que conteñen carbono formando enlaces covalentes carbono - carbono e ou carbono - hidróxeno. Tamén poden conter osíxeno, nitróxeno
  • carbono ao ferro. O ferro era obtido mesturado coa escoira contendo carbono ou carbonatos e era forxado retirándose a escoira e oxidando o carbono
  • Colas a partir de 22 carbonos Por exemplo, o ácido lignocérico. Todos os enlaces carbono - carbono son simples, polo que os carbonos teñen o maior número
  • átomos de carbono no azucre de ribosa ou desoxiribosa. A purina ou pirimidina está localizado no carbono 1 do azucre. O grupo fosfato está no carbono 5 O
  • Carboneras de Guadazaón é un concello da provincia de Cuenca na comunidade de Castela - A Mancha. Esténdese por unha área de 100.65 km² onde no ano 2007
  • Cando se expón a un ácido moderadamente forte descomponse en dióxido de carbono e auga. A reacción é a seguinte: NaHCO3 HCl NaCl H2O CO2 gas
  • Melvin Calvin. Nesa fase chamada de ciclo de Calvin, o carbono que provén do dióxido de carbono do ar fíxase e intégrase nunha molécula de carbohidrato
  • Carbonia é un concello italiano da provincia de Carbonia - Iglesias, na rexión de Sardeña. Ten 30.081 habitantes en 2008 e esténdese por unha área de 145 km²
                                     
  • de carbono e hidróxeno, os cales, ao unírense, poden formar cadeas aparentemente ilimitadas. Segundo a estrutura das ligazóns entre átomos de carbono clasifícanse

Users also searched:

carbono,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →