Back

★ Panca - máquinas simples ..



Panca
                                     

★ Panca

A panca é unha máquina simple que ten como función transmitir unha forza. Está composta por unha barra ríxida que pode xirar libremente arredor dun punto de apoio. Pode utilizarse para amplificar a forza mecánica que se aplica a un obxecto, para incrementar a súa velocidade ou a distancia percorrida, en resposta á aplicación dunha forza.

                                     

1. Historia

O descubrimento da panca e o seu uso na vida cotiá provén da época prehistórica. O seu emprego cotián, en forma de cegoñais, está documentado desde o terceiro milenio antes de Cristo, en selos cilíndricos de Mesopotamia. O manuscrito máis antigo que se conserva cunha mención á panca forma parte da Sinagoga ou Colección matemática de Pappus de Alexandría, unha obra en oito volumes escrita cara ao ano 340. Alí aparece a famosa cita de Arquimedes:

Ao heleno Arquimedes atribúeselle a primeira formulación matemática do principio da panca.

                                     

2. Forzas actuantes

Sobre a barra ríxida que constitúe unha panca actúan tres forzas:

  • A resistencia, a forza que se vence, exercida sobre a panca polo corpo a mover. O seu valor é equivalente, polo principio de acción e reacción, á forza transmitida pola panca ao cuerpo.
  • A forza de apoio, a exercida polo fulcro sobre a panca. Se non se considera o peso da barra, será sempre igual e oposta á suma das anteriores, de tal xeito que a panca mantense sen desprazarse do punto de apoio, sobre o que rota libremente.
  • A potencia, a forza aplicada voluntariamente, xa sexa manualmente ou por medio de motores ou outros mecanismos, co fin de obter un resultado.
                                     

2.1. Forzas actuantes Lei da panca

En física, a lei que relaciona as forzas dunha panca en equilibrio exprésase mediante a ecuación:

P × d p = R × d r {\displaystyle P\times dp=R\times dr}

Sendo P a potencia, R a resistencia, e dp e dr as distancias medidas desde o fulcro até os puntos de aplicación de P e R respectivamente, chamadas brazo de potencia e brazo de resistencia.

Se en cambio unha panca se encontra rotando aceleradamente, como no caso dunha catapulta, para establecer a relación entre as forzas e as masas actuantes, deberá considerarse a dinámica do movemento en base aos principios de conservación de cantidade de movemento e momento angular.

                                     

3. Tipos de panca

As pancas divídense en tres xéneros, tamén chamados ordes ou clases, dependendo da posición relativa dos puntos de aplicación da potencia e da resistencia con respecto ao fulcro punto de apoio. O principio da panca é válido indistintamente do tipo que se trate, pero o efecto e a forma de uso de cada un cambian considerablemente.

                                     

3.1. Tipos de panca Panca de primeira clase

Na panca de primeira clase, o fulcro está situado entre a potencia e a resistencia. Caracterízase por que a potencia pode ser menor cá resistencia, aínda que á custa de reducir a velocidade transmitida e a distancia percorrida pola resistencia. Para que isto suceda, dp debe ser maior ca dr.

Cando o que se pretende é aumentar a velocidade transmitida a un obxecto, ou a distancia a percorrer por este, débese situar o fulcro máis próximo á potencia, de modo que dp sexa menor ca dr.

Exemplos deste tipo son o balancín, as tesoiras, os alicates ou a catapulta para ampliar a velocidade. O conxunto do corpo humano formado polo tríceps braquial, o cóbado e o antebrazo é unha panca de primeira clase.

                                     

3.2. Tipos de panca Panca de segunda clase

Na panca de segunda clase, a resistencia está entre a potencia e o fulcro. Caracterízase por que a potencia é sempre menor cá resistencia, á custa de diminuír a velocidade transmitida e a distancia percorrida pola resistencia.

Exemplos deste tipo de panca son a carretilla, os remos ou o cascanoces.

                                     

3.3. Tipos de panca Panca de terceira clase

Na panca de terceira clase, a potencia encóntrase entre a resistencia e o punto de apoio. Caracterízase por que a forza aplicada é maior cá obtida. Utilízase para aumentar a velocidade transmitida a un obxecto ou a distancia a percorrer.

Exemplos deste tipo son o quitagrapas ou a pinza de cellas, así como o conxuto formado polo cóbado, o bíceps braquial, o antebrazo e a articulación temporomandibular.

                                     
  • movemento, a panca analóxica consiste en actividade eléctrica continua obtida por potenciómetros. Aplicado a xogos, tal diferenza permite que unha panca analóxica
  • Coordenadas: 47 52 56 N 1 39 25 O 47.88222, - 1.65694 Pancé en bretón: Pantieg, e en galó: Panczaé é unha comuna francesa do departamento de Ille
  • A panca para o manexo dos cadros cos panaisé é un elemento moi importante en xa que cun extremo é posible separar dúas alzas, que as abellas pegan con
  • sistemas para medir a flexión da panca O máis común en instrumentos comerciais é o chamado óptico, neste a flexión da panca rexístrase mediante un feixe
  • exercida sobre a panca polo corpo a mover. O seu valor será equivalente, polo principio de acción e reacción, á forza transmitida pola panca a devandito corpo
  • A Panceira é un lugar da parroquia do Burgo no concello lugués de Muras na comarca da Terra Chá. Segundo o IGE, en 2019 tiña 0 habitantes. IGE ed. IGE
  • humana namentres que as cualificadas como mecánicas usan unha fonte de enerxía externa, por exemplo a enerxía eléctrica. Martelo Chave inglesa Panca Pinza
  • saída denomínase vantaxe mecánica. Por exemplo, a vantaxe mecánica dunha panca é igual á relación entre a lonxitude dos seus brazos. As máquinas simples
  • Cristo, que estudou as máquinas simples: panca polea e parafuso. El descubriu o principio da vantaxe mecánica da panca Filósofos gregos posteriores definen
  • a extracción ó facer panca É moi común no ámbito doméstico. De parede, acaroado á parede e que se acciona por sistema de panca De láminas ou lingüetas


                                     
  • dunha rebanda de pan nunha das entradas superiores do aparello e baixar a panca de accionamento os modelos máis elaborados ofrecen outras opcións de control
  • unha combinación de dúas pancas que permiten realizar unha potente presión de corte sen apenas esforzo. O mango é unha panca de segundo xénero que presiona
  • neste último o deportista vai colocado de fronte ó movemento porque non fai panca co remo para avanzar, mentres que nas disciplinas de remo o deportista vai
  • Drive, Neo Geo... e foi perdendo popularidade co tempo. Porén, continúa a ser usado en controis para computador. Panca analóxica Controlador de xogo
  • tódalas zonas da terra acción que realizaba empregando unha grande e mítica panca coa cal mudaba a superficie da terra, e por conseguinte tamén o antigo
  • O Partido Nacionalista de Castilla y León PANCAL fundado en Toro en 1977, foi o primeiro partido político democrático nacionalista de Castela e León
  • clasificada como koshi waza, pois emprega o posicionamento da cadeira para facer panca e derrubar o opoñente, que forma parte do nage no kata e do segundo grupo
  • presión de combustible, perdendo outros 20 segundos. Pero, nun momento a panca de cambios de Stewart fallou. Gurney estableceu un novo récord de volta
  • veces mediante procedementos mecánicos accionados manualmente, en xeral de panca O fusil Spencer apareceu nesta guerra. Os novos cartuchos eran xa metálicos
  • pastillas sinxelas cunha configuración de interruptores infrecuente, e unha panca de trémolo única. Orixinalmente estivo dispoñible en dúas escalas distintas
  • 632 e unha densidade de poboación de 80 h km², o 98 da poboación é de etnia romanesa. Focşani - poboación: 103.219 2007 Adjud Mărăşeşti Odobeşti Panciu
  • botóns L3 para a panca esquerda e R3 para a dereita alén de forralos con goma para mellorar a suxeición. Xeralmente, a panca esquerda é utilizada


                                     
  • pedais na parte inferior. Os distintos rexistros acciónanse mediante unhas pancas ou botóns ao alcance da man de quen toca o instrumento. No pasado, o aire
  • eran homes e 135 mulleres. Cando te queiras casar busca viño de Xeás, panciño de Vilanova e carneiro de Gaiás Decreto 332 1996, do 26 de xullo, polo
  • banco de area alongado e estreito que se forma na embocadura dun río. Unha panca de ferro. O mostrador dun bar. En heráldica, unha barra é unha figura de
  • accionados coa man dereita normalmente o polgar e un botón direccional ou unha panca analóxica comandado polo polgar esquerdo. O gamepad é o periférico de entrada
  • O aeroporto internacional Ted Stevens Anchorage IATA: ANC, OACI: PANC é un gran aeroporto no estado de Alasca, situado a 8 quilómetros ao suroeste do
  • base da chapa a modo de cuña e un mango co que se exerce unha acción de panca Pola súa gran utilidade, constitúe un obxecto habitual de regalo e de merchandising
  • concepto de gravidade específica. Sobre o equilibrio, que trata a teoría da panca de maneira semellante á euclidiana, contén unha definición, dous axiomas
  • articuladas nun eixo polos seus extremos. Constitúe un exemplo perfecto de panca de primeira orde dobre. Entre os tipos de tesoiras destacan as tesoiras

Users also searched:

panca, máquinas simples. panca,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →