Back

★ Helio - helio ..



Helio
                                     

★ Helio

O helio é un elemento químico de número atómico 2 e símbolo He. A pesar de que a súa configuración electrónica é 1s², non figura no grupo 2 da táboa periódica, xunto o hidróxeno no bloque s, senón que se coloca no grupo 18 do bloque p, xa que o ter o nivel de enerxía completo, presenta as propiedades dun gas nobre. Isto é inerte e ao igual que estes, é un gas monoatómico incoloro e inodoro. O helio ten o menor punto de evaporación de tódolos elementos químicos, e só pode ser solidificado baixo presións moi grandes. É ademais, o segundo elemento químico en abundancia no universo, tralo hidróxeno, encontrándose na atmosfera trazas debidas á desintegración de algúns elementos. En algúns depósitos naturais de gas encóntrase en cantidade suficiente para a explotación, empregándose para o recheo de globos e dirixibles, como líquido refrixerante de materiais supercondutores crioxénicos e como gas envasado no mergullo a gran profundidade.

                                     

1. Características

En condicións normais de presión e temperatura o helio é un gas monoatómico, podéndose licuar só en condicións extremas de alta presión e baixa temperatura.

Ten o punto de solidificación máis baixo de tódolos elementos químicos, sendo o único líquido que non pode solidificarse baixando a temperatura, xa que permanece en estado líquido no cero absoluto a presión normal. De feito, a súa temperatura crítica é de tan só 5.19 K. Os sólidos 3 He e 4 He son os únicos nos que é posible, incrementando a presión, reducir o volume máis do 30 %. A calor específica do gas helio é moi elevado e o helio vapor moi denso, expandíndose rapidamente cando se quenta a temperatura ambiente.

O helio sólido só existe a presións da orde de 100 MPa a 15 K -248.15 °C. Aproximadamente a esa temperatura, o helio sofre unha transformación cristalina, de estrutura cúbica a estrutura hexagonal compacta, en condicións máis extremas, prodúcese un novo cambio, empaquetándose os átomos nunha estrutura cúbica centrada no corpo. Todos estes empaquetamentos teñen enerxías e densidades similares, debéndose os cambios á forma na que os átomos interactúan.

                                     

2. Aplicacións

O helio é máis lixeiro que o aire e a diferenza do hidróxeno non é inflamable, sendo ademais o seu poder ascensional un 8% menor que o deste, polo que emprégase como gas de recheo en globos e cepelíns publicitarios, de investigación atmosférica e incluso para realizar recoñecementos militares.

Aínda sendo a anterior a principal, o helio ten máis aplicacións:

  • As atmosferas helio-osíxeno empréganse na inmersión a gran profundidade, xa que o helio é inerte, menos soluble na sangue que o nitróxeno e difúndese 2.5 veces máis rápido que el, todo o cal reduce o tempo requirido para a descompresión, aínda que esta debe comezar a maior profundidade, e elimina o risco de narcose por nitróxeno borracheira das profundidades.
  • Polo seu baixo punto de licuefacción e evaporación pode utilizarse como refrixerante en aplicacións a temperatura extremadamente baixa como en imáns supercondutores e investigación crioxénica a temperaturas próximas ao cero absoluto.
  • Nos túneles de vento supersónicos.
  • O helio líquido encontra cada vez maior uso nas aplicacións médicas da imaxe por resonancia magnética RMI.
  • En cromatografía de gases úsase como gas portador inerte.
  • A atmosfera inerte de helio emprégase na soldadura por arco e na fabricación de cristais de silicio e xermanio, así como para presurizar combustibles líquidos de foguetes.
  • Como axente refrixerante en reactores nucleares.
                                     

3. Historia

O helio foi descuberto de forma independente polo francés Pierre Janssen e o inglés Norman Lockyer, en 1868 ao analizar o espectro da luz solar durante unha eclipse solar acaecida aquel ano, e encontrar unha liña de emisión dun elemento descoñecido. Eduard Frankland confirmou os resultados de Janssen e propuxo o nome helium para o novo elemento, en honor ao deus grego do sol helios ao que se engadiu o sufixo -ium xa que se esperaba que o novo elemento fora metálico.

En 1895 William Ramsay illou o helio descubrindo que non era metálico, a pesar do cal conservou o nome orixinal. Os químicos suecos Nils Langlet e Per Theodor Cleve conseguiron tamén, pola mesma época, illar o elemento.

En 1907 Ernest Rutherford e Thomas Royds mostraron que as partículas alfa son núcleos de helio. En 1908 o físico alemán Heike Kamerlingh Onnes produciu helio líquido arrefriando o gas ata 0.9 K, o que lle fixo merecedor do premio Nobel. En 1926 o seu discípulo Willem Hendrik Keesom logrou por vez primeira solidificar o helio.



                                     

4. Abundancia e obtención

O helio é o segundo elemento máis abundante do universo tralo hidróxeno e constitúe arredor do 20% da materia das estrelas e desempeña no proceso de fusión nuclear un importante papel. A abundancia de helio non pode se pode explicar polo que xeran as estrelas, aínda que é consistente co modelo do Big bang, créndose que a maior parte do helio existente se formou nos tres primeiros minutos do universo.

Na atmosfera terrestre existe da orde de 5 ppm e encóntrase tamén como produto de desintegración en diversos minerales radioactivos de uranio e torio. Ademais está presente en algunhas augas minerais, en gases volcánicos e en certos xacementos de gas natural dos Estados Unidos, dos que proven a maioría do helio comercial.

O helio pode sintetizarse bombardeando núcleos de litio ou boro con protóns a alta velocidade.

                                     

5. Compostos

Dado que o helio é un gas nobre, na práctica non participa nas reaccións químicas, aínda que baixo a influencia de descargas eléctricas ou bombardeado con electróns forma compostos co volframio, iodo, flúor e fósforo.

                                     

6. Isótopos

O isótopo máis común do helio é 4 He, o núcleo está constituído por dous protóns e dous neutróns. A súa excepcional estabilidade nuclear débese a que ten un número máxico de nucleóns, é dicir, unha cantidade que se distribúe en niveis completos de modo análogo a como se distribúen os electróns nos orbitais. Numerosos núcleos pesados desintégranse emitindo un núcleo de 4 He, este proceso, que se denomina desintegración alfa e polo que ao núcleo emitido se lle chama partícula alfa, é a orixe da maioría do helio terrestre.

O helio ten un segundo isótopo, o 3 He, así como outros máis pesados que son radioactivos. O helio-3 é practicamente inexistente na terra, dado que a desintegración alfa produce exclusivamente núcleos de helio-4 e tanto estes como o helio atmosférico escapan ao espazo en períodos xeolóxicos relativamente curtos.

Ambos isótopos producíronse no Big bang e cantidades significativas séguense producindo mediante a fusión do hidróxeno nas estrelas seguindo a cadea protón-protón.



                                     

7. Formas

O helio líquido helio-4 encóntrase en dúas formas distintas: helio-4 I e helio-4 II, entre os que se produce unha brusca transición a 2.1768 K punto lambda á presión de vapor. O He-I, por riba desa temperatura é un líquido normal, pero o He-II, por debaixo dela, non se parece a ningunha outra substancia converténdose nun superfluído con características raras debidas á efectos cuánticos, un dos primeiros casos nos que se teñen observado a escala macroscópica.

O helio-II ten unha viscosidade nula polo que flúe con facilidade a través de finos capilares a través dos que o helio-I non pode fluír, e ten ademais unha condutividade térmica moito maior que calquera outra substancia. Exhibe un efecto fonte, de xeito que se somerxe parcialmente un tubo cun extremo capilar en helio-II e quéntase o tubo para superar o punto lambda, o helio-I verterase polo extremo libre do tubo a modo de fonte, producíndose un fluxo constante de helio-II a través do capilar cara ao tubo quente. Inversamente, cando se forza o paso de helio-II a través dun capilar, o líquido arrefríase. Os pulsos de calor propáganse a través do líquido de forma análoga a como o fai o son, un fenómeno ao que se denomina, por iso, segundo son. Ademais, o helio-II ten a capacidade de reptar, de modo que calquera sólido en contacto con el cóbrese cunha capa de entre 50 e 100 átomos de espesor a través da cal o líquido pode fluír a unha velocidade que depende da temperatura, de feito se somerxe parcialmente unha vasilla co fondo estanco nun leito de helio-II, este reptará polas paredes exteriores da vasilla enchéndoa ata que os niveis en ambos se igualen, esta propiedade dificulta por razóns obvias a construción de recipientes de helio-II.

                                     

8. Precaucións

Os depósitos de helio gas de 5 a 10 K deben almacenarse como si contiveran líquido debido ao grande incremento de presión que se produce ao quentar o gas a temperatura ambiente.

                                     
  • Na mitoloxía grega, Helios en grego antigo Ἥλιος Hếlios, sol é a personificación do Sol. O himno homérico identifícao como fillo dos titáns Hiperión
  • Helios 1 e 2 foron dúas sondas espaciais colaboración da axencia alemá DLR e da NASA. Helios 1 foi lanzada o 10 de decembro de 1974 e Helios 2 o 15 de
  • O Helios Suns, antes coñecido como Košarkarski Klub Helios Domžale, é un club de baloncesto profesional da cidade de Domžale, Eslovenia. O Club foi fundado
  • interior das estrelas é o de hidróxeno en helio onde catro átomos de hidróxeno se xuntan para formar un átomo de helio Mais como a masa dun átomo de He é
  • Helí Rolando Tella Cantos, nado en Gomeán O Corgo o 14 de setembro de 1888 e finado en Adai O Corgo o 9 de outubro de 1967, foi un militar galego.
  • lle outorgaron un Nobel de Física en 1996 polas súas investigacións do helio - 3. Naceu en Rye, Nova York. Seus pais eran fillos de emigrados xudeus procedentes
  • do helio líquido e tres veces maior que o do hidróxeno líquido. Na maioría das aplicacións o uso de neon líquido é máis económico que o do helio O neon
  • Helios 1A foi un satélite de recoñecemento europeo lanzado o 7 de xullo de 1995 mediante un foguete Ariane 4 desde o Centro Espacial de Kourou. Helios
  • cuántica. Pero hai unha excepción: o helio Existen dous isótopos estábeis do helio o helio - 4 que é moi común e o helio - 3, que é raro e se produce na desintegración
  • Helios 1B foi un satélite de recoñecemento europeo lanzado o 3 de decembro de 1999 mediante un foguete Ariane 4 desde o Centro Espacial de Kourou. Helios
  • efectos do frío extremo en numerosos gases e metais. En 1908 conseguiu licuar helio a baixa temperatura por primeira vez, aínda que non conseguiu solidificalo
                                     
  • O orto helíaco dunha estrela é a súa primeira aparición polo horizonte leste despois do seu período de invisibilidade aproximadamente seis meses É
  • Morris Lee e Robert C. Richardson polo descubrimento da superfluidez do helio - 3. Este descubrimento foi realizado en 1971, mentres Osheroff era un estudante
  • sistema solar é idéntica á da coroa do Sol: un 73 de hidróxeno e un 25 de helio con algunhas trazas de impurezas. As partículas encóntranse completamente
  • kelvin s, comezará a fusión do helio producindo carbono, mentres arredor do núcleo se segue fusionando hidróxeno en helio Iso fará que a estrela se contraia
  • Morris Lee e Douglas D. Osheroff polo descubrimento da superfluidez no helio - 3. Páxina da Universidade de Cornell en inglés 1996 Nobel Physics winners
  • elementos ten isótopos que serán fermións, coma é o caso do helio - 3 ou bosóns coma o helio - 4. O deuterio é tamén bosón porén os seus veciños protio e tricio
  • último nivel de enerxía máis externo totalmente cheo dous electróns no helio e oito nos demais Como curiosidade indicar que a discusión científica
  • elemento químico máis abundante no universo. Tamén posúen case un 10 de helio e cantidades moi pequenas doutras substancias. Existen varios tipos: Nebulosas
  • os chamados gases nobres: o argon en 1894, traballando con Rayleigh o helio en minerales terrestres, en 1895 e o cripton, o neon e o xenon, xuntamente


                                     
  • centro. Dise entón que a estrela se envelenou por helio Esgotado xa o hidróxeno, o núcleo de helio non pode frear o peso da estrela e empeza a comprimirse
  • nun sólido normal como o helio A diferenza é que neste caso conxelado non significa estacionario Como a película de helio - 4 é tan fría apenas unha
  • Helios Gómez, nado en Sevilla en 1905 e falecido en Barcelona o 19 de setembro de 1956, coñecido popularmente tamén coma o artista da gravata vermella
  • tivo tres fillos: Helios o Sol Selene a Lúa e Eos a Aurora Tea, dominada polo amor de Hiperión, enxendrou ó grande Helio á brillante Selene
  • e helio polo que os astrónomos usan a palabra metais como un termo breve útil para referirse a todos os elementos excepto o hidróxeno e helio Este
  • Universidade de Leiden, en 1911. Para producir a temperatura necesaria, usa helio líquido. O material é mercurio, por baixo de 4, 2º K - 268, 8  C Ata 1986
  • xeolóxicos posteriormente retraballados por procesos biolóxicos. Helio O gas helio ten estreita relación co petróleo, sobre todo con óleos leves. É un
  • átomos de litio absorbían un protón e se desintegraban en dous átomos de helio Entre 1941 e 1944, foi supervisor xefe do departamento de Investigación
  • unha estrela esgota todo o hidróxeno do seu núcleo e comeza a fusionar helio e outros materiais máis pesados ó contraerse o núcleo. Durante a súa fase
  • helio en moitas aplicacións crioxénicas. O nitróxeno líquido é o elemento máis usado na crioxenia e é adquirido legalmente en todo o mundo. O helio

Users also searched:

helio,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →