Back

★ Silicio - silicio ..



Silicio
                                     

★ Silicio

O silicio é un elemento químico non metálico situado no grupo 14 da táboa periódica dos elementos formando parte da familia dos carbonoideos. É o segundo elemento máis abundante na codia terrestre despois do osíxeno. Preséntase en forma amorfa e cristalizada, o primeiro é un po pardo, máis activo cá variante cristalina, que se presenta en octaedros de cor azul grisalla e brillo metálico.

                                     

1. Características principais

As súas propiedades son intermedias entre as do carbono e do xermanio. En forma cristalina é moi duro e pouco soluble e presenta un brillo metálico e cor grisalla. Aínda que é un elemento relativamente inerte e resiste a acción da maioría dos ácidos, reacciona cos halóxenos e álcalis diluídos. O silicio transmite máis do 95% das lonxitudes de onda da radiación infravermella.

                                     

2. Aplicacións

Utilízase en aliaxes, na preparación das siliconas, na industria da cerámica técnica e, debido a que é un material semicondutor moi abundante, ten un interese especial na industria electrónica e microelectrónica como material básico para a creación de obleas ou chips que se poden implantar en transistores, pilas solares e unha gran variedade de circuítos electrónicos.

O silicio é un elemento vital en numerosas industrias. O dióxido de silicio area e arxila é un importante constituínte do formigón e os ladrillos, e emprégase na produción de cemento portland. Polas súas propiedades semicondutoras úsase na fabricación de transistores, células solares e todo tipo de dispositivos semicondutores, por esta razón coñécese como Silicon Valley Val do Silicio á rexión de California en que se concentran numerosas empresas do sector da electrónica e a informática.

Outros importantes usos do silicio son:

  • Elemento de aliaxe en fundicións.
  • Como material refractario, úsase en cerámicas, vidrados e esmaltados. Como.
  • A silicona úsase en medicina en implantes de seo e lentes de contacto.
  • Fabricación de vidro para fiestras e illantes.
  • O carburo de silicio é un dos abrasivos máis importantes.
  • Úsase en láseres para obter unha luz cunha lonxitude de onda de 456 nm.
                                     

3. Historia

O silicio do latín silex, sílice foi identificado por primeira vez por Antoine Lavoisier en 1787, e posteriormente tomado como composto por Humphry Davy en 1800. En 1811 Gay-Lussac, e Louis Thenard probablemente, preparou silicio amorfo impuro quentando potasio con tetrafluoruro de silicio. En 1824 Berzelius preparou silicio amorfo empregando un método similar ao de Gay-Lussac, purificando despois o produto mediante lavados sucesivos ata illar o elemento.

                                     

4. Abundancia e obtención

O silicio é un dos compoñentes principais dos aerólitos, unha clase de meteoroides.

Medido en peso o silicio representa máis da cuarta parte da codia terrestre e é o segundo elemento máis abundante por detrás do osíxeno. O silicio non se atopa en estado nativo, area, seixo, ametista, ágata, pedernal, ópalo e xaspe son algunhas dos minerales en que aparece o óxido, mentres que formando silicatos atópase, entre outros, no granito, feldespato, arxila, hornblenda e mica.

O silicio comercial obtense a partir de sílice de alta pureza en forno de arco eléctrico reducindo o óxido con eléctrodos de carbono a temperatura superior a 1.900 °C:

SiO 2 + C → Si + CO2

O silicio líquido acumúlase no fondo do forno de onde se extrae se arrefría. O silicio producido por este proceso denomínase metalúrxico e ten unha pureza superior ao 99%. Para a construción de dispositivos semicondutores é necesario un silicio de maior pureza, silicio ultrapuro, que pode obterse por métodos físicos ou químicos.

Os métodos físicos de purificación do silicio metalúrxico baséanse na maior solubilidade das impurezas no silicio líquido, de forma que este se concentra nas últimas zonas solidificadas. O primeiro método, usado de forma limitada para construír compoñentes de radar durante a Segunda Guerra Mundial, consiste en moer o silicio de forma que as impurezas se acumulen nas superficies dos grans, disolvendo estes parcialmente con ácido obtíñase un po máis puro. A fusión por zonas, o primeiro método usado a escala industrial, consiste en fundir un extremo da barra de silicio e trasladar lentamente o foco de calor ao longo da barra de modo que o silicio vai solidificando cunha pureza maior ao arrastrar a zona fundida gran parte das impurezas. O proceso pode repetirse as veces que sexa necesario ata lograr a pureza desexada bastando entón cortar o extremo final en que se acumularon as impurezas.

Os métodos químicos, usados actualmente, actúan sobre un composto de silicio que sexa máis doado de purificar descompoñéndoo trala purificación para obter o silicio. Os compostos comunmente usados son o triclorosilano HSiCl3, o tetracloruro de silicio SiCl4 e o silano SiH4.

No proceso Siemens, as barras de silicio de alta pureza expóñense a 1150 °C ao triclorosilano, gas que se descompón depositando silicio adicional na barra segundo a seguinte reacción:

2 HSiCl 3 → Si + 2 HCl + SiCl 4

O silicio producido por este e outros métodos similares denomínase silicio policristalino e tipicamente ten unha fracción de impurezas de 0.001 ppm ou menor.

O método Dupont consiste en facer reaccionar tetracloruro de silicio a 950 °C con vapores de cinc moi puros:

SiCl 4 + 2 Zn → Si + 2 ZnCl 2

Este método, así a todo, está inzado de dificultades polo que eventualmente se abandonou en favor do proceso Siemens.

Unha vez obtido o silicio ultrapuro é necesario obter un monocristal, para o que se utiliza o proceso Czochralski.



                                     

5. Isótopos

O silicio ten nove isótopos, con número másico entre 25 a 33. O isótopo mais abundante é o Si 28 cunha abundancia do 92.23%, o Si 29 ten unha abundancia do 4.67% e o Si 30 que ten unha abundancia do 3.1 todos eles son estables. O Si 32 é radioactivo, provén do decaemento do argon. O seu tempo de semivida é aproximadamente duns 276 anos. Padece un decaemento beta que o transforma en P-32 que ten un período de semivida de 14.28 anos.

                                     
  • consideramos o caso do silicio Se Os átomos de silicio teñen 4 electróns de valencia, cada un ligado covalentemente cun dos 4 átomos de silicio veciños. Se un
  • área feita de silicio De xeito sinxelo, pode imaxinarse como unha capa de silicio de tipo n en contacto directo cunha capa de silicio de tipo p. Na práctica
  • aliaxes de ferro e silicio nas que o contido en silicio varía entre o 15 e o 90  sendo as máis utilizadas as que conteñen o 75  de silicio xa que representan
  • calquera composto de silicio análogo aos alcanos, neste caso derivados do silicio Os silanos consisten nunha cadea de átomos de silicio unidos covalentemente
  • condutores. Son considerados metaloides os seguintes elementos: Boro B Silicio Se Xermanio Ge arsénico As antimonio Sb Telurio Che Polonio Po
  • O ferrosilicio é o nome das aliaxes de ferro e silicio nas que a proporción de silicio oscila entre o 15 e o 90  en peso, das que a que contén un 75 
  • compostos sándwich Si Ge para aumentar a mobilidade dos electróns en el silicio streched silicon Óptica de infravermellos: Espectroscopios, sistemas
  • O terceiro período contén oito elementos: sodio, magnesio, aluminio, silicio fósforo, xofre, cloro e argon. Os dous primeiros, o sodio e o magnesio
  • 4 óxidos segundo a clasificación de Strunz, composto de dióxido de silicio tamén chamado sílice, SiO2. Ás veces, e incorrectamente, tamén é denominado
  • fotovoltaicos, mais os cristais de silicio son tamén producidos para o consumo da industria de microelectrónica. Silicio policristalino ten unha porcentaxe
  • indícanos que cando un mol 60 gramos de dióxido de silicio sólido se descompón dando un mol de silicio 28 gramos e un mol de osíxeno 22, 4 L de gas medidos
  • coiros, graxas. De orixe mineral: minerais de: ferro, aluminio, cobre, silicio níquel, cobalto, vanadio etc. rochas: carbóns, calcarias, granitos, cuarcitas


                                     
  • habituais cos cales se alía o aluminio son o cobre, o magnesio, o manganeso, o silicio o estaño e o zinc. Divídense en dous grupos principais as aliaxes de
  • tridimensional denominada sílice ou dióxido de silicio SiO2. Nos aluminosilicatos un átomo de silicio é substituído por un de aluminio. O tetraedro SiO44
  • Si pode ser: A partícula si, que indica afirmación. A nota Si, sétima da escala musical. O símbolo do silicio un elemento químico.
  • temperaturas altas pode reaccionar co osíxeno, nitróxeno, carbono, boro, xofre e silicio Utilízase para fabricar barras de control instaladas en reactores nucleares
  • composta por sobre todo por 3 tipos de elementos químicos: ferro, osíxeno e silicio que xunto ao resto dos elementos forman as rochas e minerais que existen
  • proporcións de elementos diferentes, sobre todo de silicio A codia continental ten maior cantidade de silicio estas rochas denomínanse félsicas mentres
  • heteroxénea, polo que este tipo de rocha contén a miúdo cantidades variables de silicio así como de hematita, siderita, arxila, limo ou area. Dependendo da súa
  • reaccionar, dependendo das condicións, con cianuros, halóxenos, xofre, chumbo, silicio e outros elementos, así como con algúns óxidos básicos fundidos. Os seus
  • tricálcico obtido das rochas quéntase nun forno a 1450  C en presenza de silicio e carbono, reducindo o fósforo que se libera en forma de vapor. CIAAW Táboa
  • materiais resistentes a altas temperaturas, e ata como substitutivos do silicio nos chips. En 1996 foi galardoado, xunto a Curl e Smalley, co Premio Nobel
  • Berilio Boro Carbono Nitróxeno osíxeno Flúor Neon Sodio Magnesio Aluminio Silicio Fósforo Xofre Cloro Argon Potasio Calcio Escandio Titanio Vanadio Cromo
  • minerais tales coma a galena. Hoxe, case tódolos díodos están feitos de silicio mais ás veces empréganse outros semicondutores coma o xermanio. Aínda
  • correctamente a súa función. O afiadoiro ten que ser de material duro, o material máis habitual nas pedras de afiar artificiais é o carburo de silicio
                                     
  • fósforo ex.: volframita, piromorfita Clase VIII: Silicatos, formados por silicio e osíxeno como compoñentes comúns ex.: mica, feldespato Os silicatos
  • de transformalo en ferro - gusa. O alto forno basease no feito de que o silicio indesexábel e outras impurezas, son mais leves do que o ferro fundido
  • regulación do ciclo bioxeoquímico do silicio nos océanos actuais. Moitos investigadores cren que o uso do silicio polas diatomeas é a chave do seu éxito
  • gato. Este compoñente é o antecesor inmediato dos díodos de xermanio ou silicio utilizados na actualidade. Este receptor rudimentario só permite a audición
  • conteñen ferro e outro metal, como níquel, cromo e outros elementos como o silicio ou o carbono en diversas proporcións. Estas aliaxes presentan propiedades

Users also searched:

silicio,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →