Back

★ Argon - argon ..



Argon
                                     

★ Argon

O argon é un elemento químico de número atómico 18 e símbolo Ar. É o terceiro dos gases nobres, incoloro e inerte coma eles, constitúe en torno ao 1% do aire.

                                     

1. Características principais

Ten unha solubilidade en auga 2.5 veces a do nitróxeno e a do osíxeno. É un gas monoatómico inerte, e incoloro e inodoro tanto en estado líquido como gasoso. Non se coñecen compostos verdadeiros do argon, si un composto con flúor moi inestable cuxa existencia aínda non se probou. O argon pode formar clatratos coa auga cando os seus átomos quedan atrapados nunha rede de moléculas de auga.

                                     

2. Aplicacións

Emprégase como gas de recheo en lámpadas incandescentes xa que non reacciona co material do filamento ata a altas temperatura e presión, prolongando deste xeito a vida útil da lámpada, e en substitución do neon en lámpadas fluorescentes cando se desexa unha cor verde-azul en vez do vermello do neon. Tamén como substituto do nitróxeno molecular N2 cando este non se comporta como gas inerte polas condicións de operación.

No ámbito industrial e científico emprégase universalmente na recreación de atmosferas inertes non reaccionantes para evitar reaccións químicas indesexadas en multitude de operacións:

  • Fabricación de titanio e outros elementos reactivos.
  • Fabricación de monocristais pezas cilíndricas formadas por unha estrutura cristalina continua de silicio e xermanio para compoñentes semicondutores.
  • Soldadura por arco e soldadura a gas.

O argon-39 úsase, entre outras aplicacións, para a datación de núcleos de xeo, e augas subterráneas véxase o apartado Isótopos.

No mergullo técnico, emprégase o argon para o inflado de traxes secos os que impiden o contacto da pel coa auga a diferenza dos húmidos típicos de neopreno tanto por ser inerte como pola súa pequena condutividade térmica o que proporciona o illamento térmico necesario para realizar longas inmersións a certa profundidade.

O láser de argon ten usos médicos en odontoloxía e oftalmoloxía, a primeira intervención con láser de argon, realizada por Francis LEsperance, para tratar unha retinopatía realizouse en febreiro de 1968.

                                     

3. Historia

Henry Cavendish, en 1785, expuxo unha mostra de nitróxeno a descargas eléctricas repetidas en presenza de osíxeno para formar óxido de nitróxeno que posteriormente eliminaba e atopou que ao redor do 1% do gas orixinal non se podía disolver, afirmando entón que non todo o "aire floxisticado" era nitróxeno. En 1892 Lord Rayleigh descubriu que o nitróxeno atmosférico tiña unha densidade maior có nitróxeno puro obtido a partir do nitro. Rayleght e Sir William Ramsay demostraron que a diferenza se debía á presenza dun segundo gas pouco reactivo máis pesado que o nitróxeno, anunciando o descubrimento do argon en 1894, anuncio que foi acollido con bastante escepticismo pola comunidade científica.

En 1904 Rayleight recibiu o premio Nobel de Física polas súas investigacións acerca da densidade dos gases máis importantes e o descubrimento da existencia do argon.

                                     

4. Abundancia e obtención

O gas obtense por medio da destilación fraccionada do aire licuado, no cal se atopa nunha proporción de aproximadamente o 0.94%, e posterior eliminación do osíxeno residual con hidróxeno. A atmosfera marciana contén un 1.6% de Ar-40 e 5 ppm de Ar-36., a de Mercurio un 7.0% e a de Venus trazas.

                                     

5. Isótopos

Os principais isótopos de argon presentes na Terra son Ar-40 99.6%, Ar-36 e Ar-38. O isótopo K-40, cunha vida media de 1.205×109 anos, decae, o 11.2% a Ar-40 estable mediante captura electrónica e desintegración β emisión dun positrón, e o 88.8% restante a Ca-40 mediante desintegración β- emisión dun electrón. Estes cocientes de desintegración permiten determinar a idade de rochas.

Na atmosfera terrestre, o Ar-39 xérase por bombardeo de raios cósmicos principalmente a partir do Ar-40. En contornas subterráneas non expostas prodúcese por captura neutrónica do K-39 e desintegración α do calcio.

O Ar-37, cunha vida media de 35 días, é produto do decaemento do Ca-40, resultado de explosións nucleares subterráneas.

                                     
  • dióxido de carbono, hidróxeno e algúns gases nobres como o cripton ou o argon A atmosfera divídese en capas de acordo á altitude, temperatura e composición
  • amónico, descubriu, en colaboración con Sir William Ramsay, o elemento argon 1894 Ingresou na Orde do Mérito con motivo da coroación de Eduardo VII
  • gases nobres. Xunto co físico John William Strutt, foi o descobridor do gas argon Fillo de William Ramsay e Catherine Robertson, era sobriño do xeólogo sir
  • elementos: sodio, magnesio, aluminio, silicio, fósforo, xofre, cloro e argon Os dous primeiros, o sodio e o magnesio, son membros do bloque s da táboa
  • función principal nos tubos das lámpadas incandescentes é prequecer o gas argon que hai no seu interior para que se poidan acender. Véxase tamén: Filamento
  • KH - 5 Keyhole - 5 ou Argon parte do programa Corona, foi unha serie de satélites de recoñecemento operados pola CIA que contou con dúas variedades. A
  • Ar pode referirse a: o ar ou aire en química, o símbolo do argon o código ISO 639 da lingua árabe o código ISO 3166 da Arxentina Ar revista galega
  • osíxeno Flúor Neon Sodio Magnesio Aluminio Silicio Fósforo Xofre Cloro Argon Potasio Calcio Escandio Titanio Vanadio Cromo Manganeso Ferro Cobalto Níquel
  • luminosidade do filamento deste elemento químico rodeado dun gas inerte como o argon Este foi un paso moi importante no desenvolvemento da lámpada eléctrica
  • algúns gases aprobados os seus números E indícanse entre parénteses Argon E938 para produtos enlatados. Helio E939 para produtos enlatados.
  • sempre coidadosamente e almacenarse nunha atmosfera inerte, xeralmente de argon evitando o contacto coa auga e outras substancias coma o osíxeno. CIAAW


                                     
  • Continental invitados pola organzación Cofidis, Solutions Crédits, Bora - Argon 18, Bretagne - Séché Environnement, Team Europcar e MTN Qhubeka En total
  • Soiuz TMA comezou a usar o ordenador TsVM - 101 en lugar do xa anticuado Argon 16, con tecnoloxía dos anos 1970 e máis pesado 70 kg contra os 8, 3 kg do
  • vermella - laranxa dun átomo de Kr - 86. Usase en solitario ou mesturado con neon e argon en lámpadas fluorescentes, en sistemas de iluminación de aeroportos xa que
  • atmosfera, moi tenue, constituída principalmente por helio, con trazas de argon sodio, potasio, osíxeno e neon. A presión da atmosfera parece ser só unha
  • Ambrosía. Amoníaco. Anáglifo. Anemone. Anódino. Antófito. Apoplexía. Aréola. Argon Arquidiocese. Ascaridíase. Atmosfera. Auréola. Austríaco. Autólise. Avaro
  • novo ordenador TsVM - 101 de só 8, 3 kg de peso fronte aos 70 kg do ordenador Argon 16 anterior. Propulsores de control de actitude reordenados para permtir
  • método K - Ar convencional baséase na hipótese de que as rochas non contiñan argon cando se formaron e que o formado non escapou delas se non que foi retido
  • todos eles son estables. O Si 32 é radioactivo, provén do decaemento do argon O seu tempo de semivida é aproximadamente duns 276 anos. Padece un decaemento
  • datado entre 545.000 e 284.000 mil anos radiométricamente por datación argon - argon Porén, crese que tanto Orrorin coma Sahelanthropus existían xa antes


                                     
  • Continental invitados pola organzación Cofidis, Solutions Crédits, Bora - Argon 18, Fortuneo - Vital Concept e Direct Énergie En total tomaron a saída 198
  • mostra por exemplo, cando se analizou unha mestura en argon prefírese un portador argon porque o argon da mostra non aparecerá no cromatograma. A seguridade
  • que se reduce parcialmente con carbono, e logo con calcio en atmosfera de argon para obter vanadio metálico. No caso de que non se parta dun mineral que
  • composición aproximada en volume: 78 de nitróxeno. 21 de osíxeno. 0, 96 de argon 0, 04 de dióxido de carbono, helio, auga e outros gases Outros gases respirábeis
  • Holanda Meridional Norel formouse durante os seus primeiros anos no SV Argon situado na localidade de Mijdrecht Utrecht Con dezaseis anos, na temporada
  • hidróxeno. Numerosos gases de baixo peso molecular O 2, N 2, CO 2, CH 4, H 2S, argon cripton, xenon... forman clatratos en certas condicións de presión e temperatura
  • tarde, en 1894, o descubrimento de certos gases nobres neon, cripton, argon xenon, radon e helio na atmosfera, efectuado polo químico británico William
  • Telescopio de luz reflectida de meteoroides. Celas seladas e presurizadas con argon e nitróxeno para medir a penetración de meteoroides. Fotómetro ultravioleta
  • Telescopio de luz reflectida de meteoroides. Celas seladas e presurizadas con argon e nitróxeno para medir a penetración de meteoroides. Fotómetro ultravioleta
                                     
  • Titán tería unha atmosfera semellante á da Terra primitiva, rica en xofre, argon metano e hidróxeno, cunha presión de 1, 5 bar, o que implicaba que había

Users also searched:

argon,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →