Back

★ Arsénico - arsénico ..



Arsénico
                                     

★ Arsénico

O arsénico é un elemento químico da táboa periódica con símbolo As e número atómico 33. Na táboa periódica dos elementos atópase no quinto grupo principal. Pertence aos semimetais, xa que mostra propiedades metálicas e propiedades non metálicas.

                                     

1. Características principais

O arsénico presenta tres estados alotrópicos, gris ou metálico, amarelo e negro. O arsénico gris metálico forma α é a forma estable en condicións normais e ten estrutura romboédrica, é un bo condutor da calor pero pobre condutor eléctrico, a súa densidade é de 5.73 g / cm³, é deleznable e perde o lustre metálico se expón ao aire.

O arsénico amarelo forma γ obtense cando o vapor de arsénico se arrefría rapidamente. É extremadamente volátil e máis reactivo que o arsénico metálico e presenta fosforescencia a temperatura ambiente. O gas está constituído por moléculas tetraédricas de As 4 de forma análoga ao fósforo e o sólido formado pola condensación do gas ten estrutura cúbica e ten unha densidade aproximada de 1.97 g / cm³. Exposto á luz ou ao calor reverte á forma estable gris. Tamén se chama arsénico amarelo ao oropimente, o mineral de trisulfuro de arsénico.

Unha terceira forma alotrópica, o arsénico negro forma β, de estrutura hexagonal e densidade 4.7 g / cm³, ten propiedades intermedias entre as formas alotrópicas descritas e obtense na descomposición térmica da arsina ou ben arrefriando lentamente o vapor de arsénico.

Tódalas formas alotrópicas agás a gris carecen de lustre metálico e teñen moi baixa condutividade eléctrica, polo que o elemento comportase coma metal ou non metal en función do seu estado de agregación.

A presión atmosférica o arsénico sublima a 613 °C, e a 400 °C arde cunha chama branca formando o sesquióxido As 4 O 6. Reacciona violentamente co cloro e combínase, ao quentarse, coa maioría dos metais para formar o arseniuro correspondente, e co xofre. Non reacciona co ácido clorhídrico en ausencia de osíxeno, pero si co ácido nítrico quente, sexa diluído ou concentrado, e outros oxidantes coma o peróxido de hidróxeno, ácido perclórico etc.

                                     

2. Aplicacións

  • Insecticidas arseniato de chumbo e herbicidas arsenito de sodio.
  • Decolorante na fabricación do vidro trióxido de arsénico.
  • Aditivo nas aliaxes de chumbo e latón.
  • Preservante da madeira arseniato de cobre e cromo, uso que representa, segundo algunhas estimacións, preto do 70% do consumo mundial de arsénico.
  • O arseniuro de galio é un importante material semicondutor empregado en circuítos integrados máis rápidos que os de silicio. Tamén se emprega na construción de díodos láser e díodos LED.
  • O disulfuro de arsénico emprégase coma pigmento e en pirotecnia.
                                     

3. Historia

O arsénico coñecese dende a antigüidade. Dioscórides e Plinio coñecían as súas propiedades e Celso Aureliano, Galeno e Isidoro Largus sabían dos seus efectos irritantes, tóxicos, corrosivos e parasiticidas, e observaron as súas virtudes contra a tose, as afeccións da voz e a dispnea. Os médicos árabes empregaron tamén os compostos de arsénico en fumigacións, pílulas e pocións, ademais de en aplicacións externas.

Roger Bacon e Alberto Magno detivéronse no seu estudo e Paracelso fixo del unha panacea. O primeiro que o estudou en detalle foi George Brandt en 1633 e Johann Schroeder obtívoo en 1649 pola acción do carbón sobre o ácido arsénico. A Jöns Jacob Berzelius débense as primeiras investigacións acerca da composición dos compostos do arsénico.

No século XVIII os arsenicais acadaron un posto de primeira orde na terapéutica ata que foron substituídos polas sulfamidas e os antibióticos.

Na época vitoriana usáronse para a depilación preparados cáusticos de arsénico, lima e potasio. Tamén na época vitoriana formou parte dunha tintura verde inventada polo químico sueco Carl Scheele que se utilizou con moita frecuencia para tinguir roupas, forros de móbeis e un papel pintado que matou miles de persoas, incluíndo a Napoleón no seu exilio en Santa Helena.



                                     

4. Abundancia e obtención

É o vixésimo elemento en canto a abundancia na codia terrestre e atópase en forma nativa e, principalmente, en forma de sulfuro nunha gran variedade de minerais que conteñen cobre, chumbo, ferro arsenopirita, níquel, cobalto e outros metais.

Na fusión de minerais de cobre, chumbo, cobalto e ouro obtense trióxido de arsénico, que se volatiliza no proceso e é arrastrado polos gases da cheminea que poden chegar a conter máis dun 30% de trióxido de arsénico. Os gases da cheminea refínanse posteriormente mesturándoos con pequenas cantidades de galena ou pirita para evitar a formación de arsenitos e por tostación obtense trióxido de arsénico de entre o 90 e o 95% de pureza.

Reducindo o óxido con carbón obtense o metaloide. Así e todo, a maioría do arsénico comercializase coma óxido. Practicamente a totalidade da produción mundial de arsénico coma metal é China, que é tamén o maior produtor mundial de trióxido de arsénico.

                                     

5. Isótopos

O arsénico-73 úsase como trazador para estimar a cantidade de arsénico absorbido polo organismo, e o arsénico-74 na localización de tumores cerebrais.

                                     
  • O Arsenal Football Club é un club de fútbol inglés da cidade de Londres. Fundado en 1886, xoga na Premier League, sendo un dos equipos con máis trofeos
  • Los muchachos de antes no usaban arsénico é un filme arxentino de 1976 dirixido por José A. Martínez Suárez. O filme foi escollido como candidato da Arxentina
  • O Arsenal Stadium foi un estadio de fútbol situado no distrito de Highbury en Londres, capital de Inglaterra. O recinto foi a sede do Arsenal entre 1913
  • arsenicose, é dicir, envelenamento crónico por arsénico que provoca coxeira e cancro de pel. O arsénico engadíase ó bronce para endurecelo e a moitos dos
  • Coordenadas: 43 28 47 N 8 14 14 O 43.4797, - 8.2371 O Arsenal Militar de Ferrol é un estaleiro e base naval para o mar Cantábrico, construído no século
  • O Arsenal Fútbol Club, coñecido como Arsenal de Sarandí, é un club deportivo arxentino do distrito de Sarandí, en Avellaneda Gran Bos Aires Foi fundado
  • rei Fernando III de Castela Alberte Magno é o primeiro que logra illar o arsénico Guido Cavalcanti, poeta italiano m. 1300 Xoán IV Ducas Láscaris, emperador
  • bronce é unha liga de cobre cun metaloide chamado arsénico ou de cobre con estaño. A adición de arsénico ou de estaño no cobre aumentou considerabelmente
  • metaloides os seguintes elementos: Boro B Silicio Se Xermanio Ge arsénico As antimonio Sb Telurio Che Polonio Po Dentro da táboa periódica
  • fosforescencia é verde e vén dada pola presenza de arsénico na súa estrutura. A presenza do arsénico é moi pequena e iso fai que se considere como unha
  • parécese quimicamente aos elementos que o preceden no grupo, antimonio e arsénico aínda que estes se adoitan considerar como semimetais É o metal con


                                     
  • internacional alemán, nado en Polonia, que xoga como dianteiro para o Arsenal FC da Premier League inglesa. Aínda que era seleccionable para xogar tanto
  • fotosíntese ou a dixestión. Os oligoelementos son o ferro, cinc, cobre, manganeso, selenio, cromo, iodo, flúor, xofre e arsénico Elemento químico esencial
  • súa carreira nas categorías inferiores do FC Barcelona, fichando polo Arsenal en 2003, cando o mediocampista catalán só tiña dezaseis anos. As lesións
  • ex - futbolista francés. Xogou de dianteiro para o AS Monaco, Juventus, Arsenal Barcelona e New York Red Bulls. Ademais, foi internacional coa selección
  • como cloruros, nitratos, nitritos, amonio, calcio, magnesio, fosfato, arsénico etc., ademais dos límites máximos dos xermes patóxenos. O pH da auga potable
  • función terapéutica. Os velenos poden ter unha orixe: Mineral: Como o arsénico o mercurio. Vexetal: Como algunhas plantas velenosas A maioría das
  • club actual é o Arsenal FC. Ademais, é internacional coa selección de Alemaña. Werder Bremen Copa da Liga de Alemaña 1 2006 Arsenal FA Cup 1 2013 14
  • de intervir na resolución do motín de Ferrol, foi nombrado ordenador do Arsenal de Ferrol. Posteriormente foi destinado a Filipinas como interventor do
  • Vanadio Cromo Manganeso Ferro Cobalto Níquel Cobre Zinc Galio Xermanio Arsénico Selenio Bromo Cripton Rubidio Estroncio Itrio Circonio Niobio Molibdeno
  • A Biblioteca do Arsenal en francés: bibliothèque de l Arsenal é unha biblioteca francesa situada no barrio da Bastilla. Antigamente era a residencia
                                     
  • condicionado pola situación do Arsenal e o recinto amurallado defensivo da praza. Elixiuse o emprazamento anexo ó Arsenal cara ó oeste, sendo os primeiros
  • efectuou a análise de arsénico en individuos expostos. En 1934, o toxicólogo francés Kohn - Abrest publicou a determinación de arsénico en pelo de individuos
  • partido amigable Arsenal FC e o Ajax Amsterdam como homenaxe ao xogador holandés Dennis Bergkamp. Creouse como novo estadio do Arsenal para substituír
  • varios metais pesados como níquel, vanadio, chumbo, cromo, mercurio e tamén arsénico selenio e outros elementos tóxicos. Os betumes poden acadar unha boa conservación
  • fichaxe polo Arsenal tras pagar o club inglés os 20.000.000 da súa cláusula de rescisión. O 10 de setembro de 2016 debutou co Arsenal na Premier League
  • centrocampista. Actualmente adestra ó Arsenal FC da Premier League. O 20 de decembro de 2019, foi contratado polo Arsenal como adestrador. Paris Saint - Germain
  • porteiro alemán do Arsenal FC foi expulsado con tarxeta vermella, e o equipo inglés tivo que xogar o resto do encontro cun home menos. O Arsenal FC foi o primeiro
  • un futbolista bosníaco - alemán, lateral esquerda que xoga dende 2017 co Arsenal F.C. Kolašinac naceu en Baden - Württemberg de pais bosníacos, seu pai Faik
  • Montpellier HSC da Ligue 1 en 2010. En 2012, deixou Francia e fichou polo Arsenal FC inglés, quen pagou 9.6 millóns de libras pola súa fichaxe. O 3 de novembro

Users also searched:

arsénico,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →