Back

★ Gadolinio - gadolinio ..



Gadolinio
                                     

★ Gadolinio

En 1880 o químico suízo Jean Charles Galissard de Marignac observou liñas espectroscópicas debidas ao gadolinio en mostras de didinio e gadolinita. O químico francés Paul Émile Lecoq de Boisbaudran separou óxido de gadolinio en 1886. O elemento como tal non se illou ata hai pouco tempo.

O gadolinio, como o mineral gadolinita, recibiu ese nome na honra do químico e xeólogo finlandés Johan Gadolin.

                                     

1. Propiedades notables

O gadolinio é un metal que pertence ao grupo das terras raras. Ten unha cor branca semellante á da prata e ten unha maleabilidade e unha ductilidade considerable. A súa estrutura cristalina pode ser de dous tipos, chamados respectivamente forma α e β: a temperatura ambiente é hexagonal e por riba de 1508 K é cúbica centrada no corpo.

O gadolinio é estable en ar seco, mais a humidade fai que xere óxido na súa superficie. Este tende a se desprender da peza metálica, co que expón máis superficie ao ataque químico. O gadolinio e máis as súas sales son solubles en medio ácido, pero non en medio básico, onde forman hidróxidos de consistencia xelatinosa.

Por baixo de 1.083 K o gadolinio é supercondutor. Presenta tamén fortes propiedades magnéticas, tanto a temperaturas usuais coma a baixa temperatura.

                                     

2. Aplicacións

As aplicacións do gadolinio máis salientables son as seguintes:

  • En forma de complexo, actúa coma contraste intravenoso mellorando a calidade e máis o valor diagnóstico das imaxes de resonancia magnética.
  • Aditivo metalúrxico, mellorando as propiedades das aliaxes de ferro e cromo.
  • No futuro, é probable que as propiedades de certos derivados de sulfato de gadolinio sexan aplicados en tecnoloxía de masers debido ó reducido nivel de ruído que presentan.
  • Fabricación do fósforo das televisións a cor, discos compactos e memorias de ordenador.
                                     

3. Isótopos

As ocorrencias naturais do Gadolinio compóñense de 5 isótopos estables, 154 Gd, 155 Gd, 156 Gd, 157 Gd e 158 Gd, e 2 radioisótopos, 152 Gd e 160 Gd, sendo 158 Gd o máis abundante 24.84% abundancia natural.

                                     
  • asociación co seu propio nome, pois Lecoq galo en latín dicíase gallus. Gadolinio Gd, 64 Johan Gadolin Laurencio Lr, 103 Ernest Lawrence Meitnerio
  • lantano no nitrato de cerio impuro. Aliado có cerio, neodimio, praseodimio, gadolinio e iterbio forma a aliaxe chamada mischmetal, empregada para fabricar pedras
  • Cesio Bario Lantano Cerio Praseodimio Neodimio Promecio Samario Europio Gadolinio Terbio Disprosio Holmio Erbio Tulio Iterbio Lutecio Hafnio Tántalo Volframio
  • radioactivo para producir imaxes do tecido óseo. Emprega o isótopo radioactivo gadolinio 132 e os raios X de enerxía dual. Imaxe por resonancia magnética: emprega
  • calcio, o tungstato de calcio e o molibdato de estroncio. O oxosulfato de gadolinio dopado con terbio é un dos mellores colorantes en Raios X. Tamén se emprega
  • diferencial. O contraste con gadolinio permítenos identificar as zonas isquémicas, xa que estas zonas captan o gadolinio para si e quedan patentes na
  • Fermio 100 por Enrico Fermi. Flerovio 114 por Georgy Flyorov. Gadolinio 64 por Johan Gadolin. Laurencio 103 por Ernest Lawrence. Mendelevio


                                     
  • Series. Imaxe da moeda de cobre. En The Element Series. Imaxe da moeda de gadolinio En The Element Series. Imaxe da moeda de lantano. En The Element Series
  • terceira vez na do lutecio, sendo a súa segunda aparición na estrutura do gadolinio En termos de comportamento químico, e tendencias ó descender polo grupo
  • Boisbaudran 63 Europio Eu 6 151.964 1 5.25 822 1597 1901 Demarçay 64 Gadolinio Gd 6 157.25 3 7.89 1311 3233 1880 de Marignac 65 Terbio Tb 6 158.92535 2
  • Eu Am Samario Europio Gadolinio Táboa periódica dos elementos
  • 69, 723 g mol 5, 91 g cm³ 29, 8  C 2403  C 1875 Lecoq de Boiskaudran Gd Gadolinio 64 157, 25 g mol 7, 89 g cm³ 1311  C 3233  C 1880 de Marignac Ge Xermanio
  • Praseodimio 3 60 Neodimio 3 61 Promecio 3 62 Samario 2, 3 63 Europio 2, 3 64 Gadolinio 3 65 Terbio 3 66 Disprosio 3 67 Holmio 3 68 Erbio 3 69 Tulio 2, 3 70 Iterbio

Users also searched:

gadolinio,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →