Back

★ Terbio - terbio ..



Terbio
                                     

★ Terbio

O terbio é un elemento químico da táboa periódica con símbolo Tb, sólido metálico de cor branca e brillo prateado. O seu número atómico é 65, cunha masa atómica de 158.9. Ten unha densidade de 8.3 g / cm³, cun punto de fusión de 1.360 °C e un punto de ebulición de 3.041 °C. É un metal de transición interna da familia dos lantánidos. Este elemento químico foi descuberto por Carl Gustaf Mosander en 1843 e illado por Georges Urbain en 1905. Atópase habitualmente coma óxido nas terras raras. Forma sales trivalentes de cor branco con solucións incoloras.

                                     

1. Historia

O terbio foi descuberto en 1843 polo químico sueco Carl Gustaf Mosander, quen o detectou coma impureza no óxido de ytrio. O seu nome débese á localidade sueca Ytterby. Non foi illado en estado puro ata que se fixeron habituais as novas técnicas de intercambio de ións.

Este elemento clasificase coma terra rara. O termo "rara" pode conducir a equívoco, pois o terbio é máis común que metais coma a prata ou o mercurio. Antigamente empregábase esta terminoloxía porque os elementos clasificados coma tal eran moi difíciles de separar uns doutros. Non eran raros na Terra, senón que eran raramente empregados para algo.

                                     

2. Obtención

O terbio non se atopa nunca en estado libre na natureza, senón contido en diversos minerais coma a cerita, a gadolinita, a monazita, a xenotima e a euxenita, algúns deles cun contido inferior ao 1% de terbio.

                                     

3. Características

O terbio é de cor branca-prateada, razoablemente estable ao aire, maleable, dúctil e o suficientemente brando coma para ser cortado por un coitelo. Existen dúas variedades alotrópicas, cunha temperatura de transformación de 1289 °C.

                                     

4. Aplicacións

Este elemento empregase no dopaxe de materiais usados en dispositivos de estado sólido, tales coma o fluoruro de calcio, o tungstato de calcio e o molibdato de estroncio. O oxosulfato de gadolinio dopado con terbio é un dos mellores colorantes en Raios X.

Tamén se emprega coma cristal estabilizador en células de combustible que operan a elevadas temperaturas, xunto ao óxido de circonio, en aliaxes e na produción de compoñentes electrónicos. O seu óxido utilizase nos fósforos verdes de lámpadas fluorescentes e tubos de raios catódicos. O borato de terbio e sorbio aplicase tamén en electrónica.

                                     

5. Isótopos

Na natureza atópanse compostos dun isótopo estable, o 159-Tb. Outros 33 radioisótopos están rexistrados, sendo o 158-Tb o máis estable de todos, cunha vida media de 180 anos. Os isótopos 157-Tb e 160-Tb teñen unha vida media ao redor dos 70 anos. Os restantes radioisótopos teñen vidas medias de menos de 7 días, moitos deles de menos de 24 segundos.

                                     

6. Precaucións

Ao igual que o resto de lantánidos, os compostos do terbio teñen un nivel moderado de toxicidade, aínda que esta non se investigou en profundidade. Non se coñece ningún papel deste elemento no ciclo biolóxico.

                                     
  • Bario Lantano Cerio Praseodimio Neodimio Promecio Samario Europio Gadolinio Terbio Disprosio Holmio Erbio Tulio Iterbio Lutecio Hafnio Tántalo Volframio Renio
  • ácido dipicolínico con terbio Cando a área é iluminada con luz ultravioleta, as endósporas vivas brillan en presenza de terbio A técnica foi desenvolvida
  • vila de Ytterby, preto de Estocolmo Erbio 68 Iterbio 70 Itrio 39 Terbio 65 Americio 95 en honor a América Californio 98 en honor a California
  • Alemaña A partir da localidade sueca de Ytterby nomeáronse o itrio 39 o terbio 65 o erbio 68 e o iterbio 70 Bismuto 83 do latín moderno bisemutum
  • Series. Imaxe da moeda de platino. En The Element Series. Imaxe da moeda de terbio En The Element Series. Imaxe da moeda de calcio. En The Element Series
  • Demarçay 64 Gadolinio Gd 6 157.25 3 7.89 1311 3233 1880 de Marignac 65 Terbio Tb 6 158.92535 2 8.25 1360 3041 1843 Mosander 66 Disprosio Dy 6 162.500 1
                                     
  • Gd Cm Europio Gadolinio Terbio Táboa periódica dos elementos
  • Dy Cf Terbio Disprosio Holmio Táboa periódica dos elementos
  • Ta Tántalo 73 180, 9479 g mol 16, 68 g cm³ 2996  C 5425  C 1802 Ekeberg Tb Terbio 65 158, 92534 g mol 8, 25 g cm³ 1360  C 3041  C 1843 Mosander Tc Tecnecio
  • Neodimio 3 61 Promecio 3 62 Samario 2, 3 63 Europio 2, 3 64 Gadolinio 3 65 Terbio 3 66 Disprosio 3 67 Holmio 3 68 Erbio 3 69 Tulio 2, 3 70 Iterbio 2, 3 71

Users also searched:

terbio,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →