Back

★ Neodimio - neodimio ..



Neodimio
                                     

★ Neodimio

O neodimio é un elemento químico da táboa periódica de símbolo Nd e número atómico 60. A temperatura ambiente, o neodimio atópase en estado sólido. É parte do grupo de terras raras. Foi descuberto en 1885 por Auer von Welsbach.

                                     

1. Características

É unha terra rara que compón o metal de Misch aproximadamente nun 18%, sendo unha das terras raras máis reactiva. Posúe brillo metálico-prateado e brillante. Escurece rapidamente polo contacto do aire formando un óxido. Pertence á familia dos elementos de transición interna e contén na súa forma estable 60 electróns e o seu isótopo máis coñecido é o Nd-142.

                                     

2. Aplicacións

  • É un compoñente do didimio, usado para colorear cristais e a fabricación de lentes de protección para os soldadores, pois absorben a luz ámbar da chama, ademais de noutros tipos de cristais.
  • O neodimio emprégase nos imáns permanentes do tipo de Nd 2 Fe 14 B, de grande intensidade de campo. Estes imáns son máis baratos e potentes que os imáns de samario-cobalto, e son comúns en produtos como auriculares, altofalantes, discos duros de ordenadores, sensores etc.
  • Sales de neodimio son usadas como colorantes de esmaltes.
  • Algúns tipos de cristal que conteñen neodimio son utilizados para producir rubíes sintéticos utilizados en láser. Certos materiais poden conter pequenas concentracións de ións de neodimio que poden ser utilizados nos láseres de radiación infravermella 1054-1064nm. Algúns láseres de Nd son, por exemplo, o Nd: YAG cristal de itrio e aluminio usado en odontoloxía e medicina, Nd: YLF fluoruro de itrio e litio, Nd: YVO vanadato de itrio etc.
  • Probablemente, debido ao parecido co Ca 2+, o Nd 3+ foi divulgado como elemento para promover o crecemento vexetal. Os compostos de elementos das terras raras utilízanse con frecuencia en China como fertilizantes.
  • Confire delicadas cores aos cristais que varían desde o violeta puro, até o gris claro. A luz transmitida a través destes cristais presenta bandas de absorción inusualmente agudas. Estes cristais son usados polos astrónomos para calibrar uns dispositivos chamados espectrómetros e filtros de radiación infravermello. O neodimio utilízase tamén para eliminar a cor verde causada polos contaminantes do ferro.
                                     

3. Historia

Foi descuberto por Carl Auer von Welsbach, un químico austríaco, en Viena ano 1885. Separou o neodimio, así como o praseodimio, dun material denominado didimio por medio de análise espectroscópicas, aínda que este metal non foi illado até 1925. O nome neodimio provén das palabras gregas neos didymos, que significa xemelgo novo neos, novo didymos, xemelgo. O praseodimio e o neodimio descubríronse á vez, e por iso se lles chamaron "xemelgos", e a este chamóuselle novo xa que ao outro xa se lle chamara xemelgo verde.

O neodimio, actualmente, obtense por un proceso de intercambio iónico da area monacita Ce, La, Th, Nd, Y PO 4), un material rico en terras raras, e por electrólise dos seus haluros.

                                     

4. Abundancia

O neodimio nunca se atopa como elemento libre. Atópase en minerais como a area de monacita Ce, La, Th, Nd, Y PO 4) e basanita Ce, La, Th, Nd, Y CO 3 F), que presentan na súa composición pequenas cantidades de todos os metais das terras raras. Tamén se pode encontrar no metal de Misch. É difícil separalo doutros elementos das terras raras.

                                     

5. Isótopos

O neodimio natural está composto por 5 isótopos estables: 142 Nd, 143 Nd, 145 Nd, 146 Nd e 148 Nd, sendo o máis abundante cun 27.2% o 142 Nd, e dous radioisótopos, 144 Nd e 150 Nd. Caracterizáronse en total 31 radioisótopos do neodimio, sendo o máis estable o 150 Nd cun período de semidesintegración T ½ de máis de 1.1×10 19 anos, o 144 Nd cun de 2.29×10 15 anos, e o 147 Nd cun de 10.98 días. Os demais isótopos radioactivos teñen períodos de semidesintegración por debaixo dos 3.38 días, e a maioría son inferiores aos 71 segundos. Este elemento tamén presenta 4 estados metaestables, sendo os máis estables: o 139 Nd m T ½ = 5.5 horas, o 135 Nd m T ½ = 5.5 minutos e o 141 Nd m T ½ = 62 segundos. O modo principal de desintegración do isótopo estable máis abundante, o 142 Nd, é a captura electrónica e o principal modo tras este é a emisión beta. O principal produto de desintegración do 142 Nd é o praseodimio e o principal produto seguinte é o promecio.

                                     

6. Observacións

  • É perigoso no ambiente de traballo, debido ao feito de que as humidades e os gases poden ser inhalados polo aire. Isto pode causar embolia pulmonar, especialmente durante exposicións a longo prazo. Tamén pode ser unha ameaza para o fígado cando se acumula no corpo humano.
  • Nos animais acuáticos provoca danos na membrana celular, o que ten varias influencias negativas sobre a reprodución e as funcións do sistema nervioso.
  • Pode entrar no medio ambiente cando se tiran os equipos domésticos, deste modo acumúlase gradualmente nos solos e nas augas subterráneas.
  • Raramente se atopa na natureza, xa que se dá en cantidades moi pequenas. Normalmente áchase só en dous tipos distintos de minerais. O uso do neodimio aumente, para producir catalizadores e cristais.
  • É un dos elementos químicos raros, que pode ser encontrado nas casas en equipos tales como televisores en color, auriculares tipo casco, lámpadas fluorescentes e cristais.
  • O metal en po de neodimio presenta perigo de combustión e explosión.


                                     
  • Mosander descubriu o lantano no nitrato de cerio impuro. Aliado có cerio, neodimio praseodimio, gadolinio e iterbio forma a aliaxe chamada mischmetal, empregada
  • Estaño Antimonio Telurio Iodo Xenon Cesio Bario Lantano Cerio Praseodimio Neodimio Promecio Samario Europio Gadolinio Terbio Disprosio Holmio Erbio Tulio
  • aplicación. Presentan unha boa resistencia á desimantación. De neodimio compostos por neodimio ferro e boro Nd.Fe.B Son os imáns coas mellores características
  • resistente á corrosión en aire que o europio, o lantano, o cerio, ou o neodimio pero desenvolve unha capa verde de óxido cando se rompe ou cando está
  • elementos: Praseodimio 59 que se derivou de πράσιος δίδυμος xemelgo verde Neodimio 60 que se derivou de νέος διδύμος xemelgo novo Helio 2 de Helios
  • Series. Imaxe da moeda de estaño. En The Element Series. Imaxe da moeda de neodimio En The Element Series. Imaxe da moeda de tulio. En The Element Series
  • diferenciación do manto terrestre, a partir de análises da serie samario neodimio en rochas de Isua, Groenlandia, puido ser bastante rápida, talvez en menos


                                     
  • Pm Np Neodimio Promecio Samario Táboa periódica dos elementos
  • Nb Niobio 41 92, 90638 g mol 8, 58 g cm³ 2468  C 4927  C 1801 Hatchet Nd Neodimio 60 144, 24 g mol 7, 00 g cm³ 1010  C 3127  C 1895 von Welsbach Ne Neon 10
  • microscópicos con numerosas aplicacións, ao láser de cristais dopados con neodimio cun tamaño similar ao dun campo de fútbol, usado para a fusión de confinamento
  • 0 55 Cesio 1 56 Bario 2 57 Lantano 3 58 Cerio 3, 4 59 Praseodimio 3 60 Neodimio 3 61 Promecio 3 62 Samario 2, 3 63 Europio 2, 3 64 Gadolinio 3 65 Terbio
  • negativas que calquera outro material a temperatura ambiente. A imaxe é unha mostra de grafito pirolítico suspendida sobre unha matriz de imáns de neodimio

Users also searched:

neodimio,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →