Back

★ Decibel - unidades de medida ..



                                     

★ Decibel

Chámase decibel ou decibelio ó valor empregado en acústica ou telecomunicación para expresar a relación, en escala logarítmica, entre dúas potencias, acústicas ou eléctricas.

O decibel, co símbolo dB, é unha cantidade adimensional na escala logarítmica, décima parte do bel, que sería a base, aínda que non se usa por ser excesivamente grande na práctica. Unha medida de +10dB implica unha intensidade sonora 10 veces maior.

Asignóuselle o nome bel na honra de Alexander Graham Bell, tradicionalmente considerado como inventor do teléfono.

                                     

1. Aplicacións en acústica

O decibel é a principal unidade de medida usada para o nivel de potencia ou nivel de intensidade do son. Nesta aplicación, a escala úsase ata os 140 dB, onde se chega ó limiar de dor.

Úsase unha escala logarítmica porque a sensibilidade que presenta o ouvido humano ás variacións de intensidade sonora segue unha escala aproximadamente logarítmica, non lineal. Por iso o bel e mailo seu submúltiplo o decibel, son axeitados para valorar a percepción dos sons por un ouvinte. Defínese como a comparación relación entre dous sons porque nos estudos sobre acústica fisiolóxica viuse que un ouvinte ó que se lle fai escoitar un só son non pode dar unha indicación fiable da súa intensidade, mentres que, se lle fai escoitar dous sons diferentes, é capaz de distinguir a diferenza de intensidade.

Unha diferenza de 3 decibeis representa o dobre de sinal, e resulta ser aproximadamente a mínima diferenza apreciable por un oído humano san.

Unha diferenza de 10 decibeis aparenta fisioloxicamente un sinal dobre, mais a diferenza de sonoridade é de dez veces.

Para o cálculo da sensación recibida por un ouvinte, a partir das unidades físicas, medibles, dunha fonte sonora, defínese nivel de potencia, L W {\displaystyle {L_{W}}}, en decibeis, relacionando a potencia da fonte de son a estudar coa potencia doutra fonte con son no limiar de audición, pola fórmula seguinte:

L W = 10 × l o g W 1 W 0 {\displaystyle {L_{W}}=10\times log{\frac {W_{1}}{W_{0}}}} dB

onde W 1 é a potencia a estudar, e W 0 é a potencia limiar de audición, que expresada en unidades do SI, equivale a 10 − 12 {\displaystyle 10^{-12}\,\!} vatios.

As ondas de son producen un aumento de presión no ar, co que outro xeito de medir fisicamente o son é en unidades de presión pascales. Pode definirse o Nivel de presión, L P, que tamén se mide en decibeis.

L P = 20 × l o g P 1 P 0 {\displaystyle {L_{P}}=20\times log{\frac {P_{1}}{P_{0}}}} dB

onde P 1 é a presión de son a estudar, e P 0 é a presión limiar de audición, que expresada en unidades do SI, equivale a 2 × 10 − 5 {\displaystyle 2\times 10^{-5}} Pa.

                                     

2. Decibel Ponderado

O oído humano non percibe igual as distintas frecuencias e acada o máximo de percepción nas medias, de aí que para aproximar máis a unidade á realidade auditiva, pondéranse as unidades.

                                     

3. Aplicacións en Telecomunicación

O decibel é talvez a unidade máis utilizada no campo das telecomunicacións pola simplificación que a súa natureza logarítmica posibilita á hora de efectuar cálculos con rangos de valores de potencia do sinal moi amplos.

Como relación de potencias que é, a cifra en decibeis non indica nunca o valor absoluto das dúas potencias comparadas, senón a relación entre elas. Isto permite, por exemplo, expresar en decibeis a ganancia dun amplificador ou a perda dun atenuador sen necesidade de se referir á potencia de entrada que, en cada momento, se lles estea aplicando.

A perda ou ganancia dun dispositivo, expresada en decibeis vén dada pola fórmula:

d B = 10 × l o g P E P S {\displaystyle {dB}=10\times log{\frac {P_{E}}{P_{S}}}}

onde P E é a potencia do sinal na entrada do dispositivo, e P S a potencia á saída do mesmo. Se hai ganancia de sinal amplificación a cifra en decibeis será positiva, mentres que se hai perda atenuación será negativa.

En Telecomunicación moitas veces utilízase como nivel de referencia o milivatio, obténdose os resultados en dB referidos a 1 mW, isto é, en dBm.

Para sumar ruídos, ou sinais en xeral, é moi importante lembrarse que ao usar unha escala logarítmica non é correcto sumar directamente valores das fontes de ruído expresados en decibeis. Así, dúas fontes de ruído de 21dB non dan 42dB senón 24dB.

Neste caso emprégase a formula:

10 ⋅ log 10 ⁡ 10 X 1 10 + 10 X 2 10 +. = d B t o t a i s {\displaystyle 10\cdot \log _{10}10^{\frac {X_{1}}{10}}+10^{\frac {X_{2}}{10}}+.=dBtotais}

Onde X n {\displaystyle X_{n}} son os valores de ruído ou sinal, expresados en decibeis, a sumar.

10 ⋅ log 10 ⁡ a n t i l o g X 1 10 + a n t i l o g X 2 10 +) = d B t o t a i s {\displaystyle 10\cdot \log _{10}\leftantilog\left{\frac {X_{1}}{10}}\right+antilog\left{\frac {X_{2}}{10}}\right+.\right)=dBtotais}



                                     
  • países, para os mesmos fins que o decibel A diferenza fundamental entre ambas as unidades é que mentres o decibel está baseado no logaritmo decimal da
  • prefixo vén do latín decimus, significando decena. É de uso frecuente como decibel utilizado para medir a intensidade de son e outras taxas sobre el, que
  • químico Db Unha Base de datos, segundo as siglas en inglés Data Base DB O Decibel de notación dB, unha unidade de medida acústica. Dragon Ball, unha serie
  • Swansong 1996 Surgical Steel 2013 Widener, Matthew. Carcass Clones Decibel Magazine. Arquivado dende o orixinal o 16 January 2008. Consultado o 27
  • e Peterson son os únicos que aparecen en todos os álbums de Testament. Decibel ed. Legacy of Kings Consultado o 30 de abril de 2017. Páxina oficial
  • fisiolóxicas: pódense producir no traballo ou ambientes sonoros ao redor dos 100 decibeis algunhas tan importantes como a perda parcial ou total da audición. Enfermidades
  • Subscribe to Decibel for an exclusive GODFLESH flexi disc Decibel Magazine en inglés 2013 - 08 - 30. Consultado o 2020 - 07 - 20. Fear, Emptiness, Decibel Stream
  • resistencia de 600 ohms, para un sinal sinusoidal de 1000 Hz. Mesa de mesturas Decibel Rane Pro Audio Reference definition for VU meter Q&A on the Standard Volume
  • Redes de computadoras en español Pearson. ISBN 970 - 26 - 0162 - 2. Byte Bit Decibel Informática Mol Martin, Nicolas xaneiro 2000 On the origins of serial
  • Novecomaoito 2013: Premio Rosalía de Castro de Cornellà de Llobregat con Decibel 2014: Premio Rosalía de Castro de Cornellà de Llobregat con Ruído 2016:
  • 2019 - 12 - 31. Inside The Shredder s Studio 7: André Foisy Of Locrian Decibel Magazine en inglés 2013 - 07 - 24. Consultado o 2019 - 12 - 31. Bandcamp da
  • é moi grande, utilízase unha escala logarítmica de presións chamada de decibeis que abrevia a inmensidade de valores posibles. A audición é a percepción
                                     
  • OCLC 868039493. Is Dinosaur Jr s J Mascis the Father of Grindcore? - Decibel Magazine web.archive.org. 2015 - 09 - 22. Consultado o 2020 - 09 - 11. DEEP
  • Justin Broadrick interview: Godflesh, growing up and anarcho - punk Decibel Magazine en inglés 2011 - 10 - 07. Consultado o 2020 - 07 - 22. Gordon, Arielle
  • amplitude ou a súa relacionada enerxía a través de medidas como o nivel de decibeis O rango do son audible ao ouvido humano está aproximadamente entre 20 Hz
  • conxunto de sons. Normalmente represéntase en forma de decibeles de presión sonora dBspl ou decibeles de electricidade dBu, dBV, dBFDS, dBW unidades de
  • Rave on Este ano foi elixido para ser a imaxe dunha colonia para home Decibel por Azzaro, onde Julian é autor da canción para a propaganda levando
  • of sound How many decibels is twice as loud? Sound level change and the respective factor of sound pressure or sound intensity Decibel loudness comparison
  • sound pressure level e é medido mediante unha escala logarítmica en decibeis Os físicos e os enxeñeiros de son tenden a falar dos niveis de presión
  • un dos cinco candidatos a mellor álbum de metal do 2006 Nick Terry de Decibel Magazine afirmou que chamar adictivo a As Daylight Dies sería dicir pouco
  • くうねるあそぶ? Oooh Ie Extended Ver. Oooh 家 Extended Ver. Koi no Decibel 恋のデシベル? Thank You サンキュー Mochiron もちろん 持ち論 LIVE ON DIRECT
  • Patterson 2013, pp. 239, 297, 394, 459 Mudrian, Albert 2009 Precious Metal: Decibel Presents the Stories Behind 25 Extreme Metal Masterpieces. Da Capo Press
  • Consultado o 10 de setembro de 2007. Bennett, J 2007 Dimmu Borgir Decibel Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2007. Consultado o 10 de setembro
                                     
  • Music Volume 30. Detroit, Michigan: Gale Research. ISBN 0 - 7876 - 4641 - 5. Decibel Magazine ed. Killing Joke Consultado o 18 de abril de 2016. MTV
  • Lock Jaw Mega Metal Kerrang 4 8 11. Decibel Hall of Fame No. 74 - Mercyful Fate Melissa Decibel 78 48 54. 2011. Arquivado dende o orixinal
  • Animal - Jesu - P archive.vn. 2012 - 07 - 20. Consultado o 2020 - 07 - 26. Decibel Magazine web.archive.org. 2007 - 03 - 18. Consultado o 2020 - 07 - 26. Justin
  • para que resultase práctica en ligazóns de comunicacións, eran de 20 decibeis por quilómetro. En 1966, nun comunicado dirixido á Asociación Británica
  • 2006, p. 287. Bennet, J. 2006 An exclusive oral history of Slayer Decibel Magazine en inglés Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2006
  • escintileo de luz cegador e un forte ruído de detonación de máis de 170 decibeis Foi usada por primeira vez polo Servizo Aéreo Especial do Exército Británico
  • cartas ó residentes da cidade prometendo que o nivel sonoro chegaría ós decibéis de ruído realizados polos autobuses. Os ecoloxistas tamén criticaron a

Users also searched:

decibel, unidades de medida. decibel,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →