Back

★ Corpo cetónico - compostos químicos ..



Corpo cetónico
                                     

★ Corpo cetónico

Os corpos cetónicos son compostos hidrosolubles, que se producen como subprodutos do catabolismo dos ácidos graxos, cando estes se utilizan para a produción de enerxía nas mitocondrias dos hepatocitos do fígado e nos riles. Quimicamente son cetonas, cetoácidos ou derivados de cetoácidos. Aínda que se denominen co termo "corpo", non son partículas, senón substancias disoltas. Utilízanse como fonte de enerxía no corazón e cerebro ou son produtos residuais do metabolismo, que son excretados. No cerebro son unha fonte vital de enerxía durante o xaxún. Na diabetes mellitus tipo 1, pode acumularse no sangue unha excesiva cantidade de corpos cetónicos, producindo cetoacidose diabética.

                                     

1. Corpos cetónicos importantes

Os máis importantes son os tres corpos cetónicos endóxenos orixinados no noso metabolismo, que son:

  • Ácido acetoacético. A pH celular está ionizado como acetoacetato. É un ácido carboxílico cun grupo cetona, polo que é un cetoácido.
  • Acetona. É unha cetona. Orixínase porque unha parte moi pequena en condicións normais do acetoacetato sofre descarboxilación non encimática a acetona.
  • Ácido beta-hidroxibutírico. A pH celular está ionizado como beta-hidroxibutirato. Tecnicamente non é unha cetona, senón un ácido carboxílico beta-hidroxiácido, pero deriva de cetonas.

Outros corpos cetónicos como o beta-cetopentanoato e o beta-hidroxipentanoato poden orixinarse como o resultado do metabolismo de triacilglicéridos sintéticos como a triheptanoína, utilizada en certos tratamentos médicos.

Como se desprende das descricións anteriores, os corpos cetónicos agrúpanse nunha mesma categoría de moléculas porque derivan uns doutros e teñen características metabólicas e fisiolóxicas que así o aconsellan, pero, realmente, desde un punto de vista estritamente químico, non pertencen a un mesmo grupo de substancias químicas.

                                     

2. Utilización no corazón e cerebro

Os corpos cetónicos poden utilizarse para a produción de enerxía. Os corpos cetónicos transpórtanse desde o fígado a outros tecidos, onde o acetoacetato e o beta-hidroxibutirato poden reconverterse en acetil-CoA para producir enerxía, por medio do ciclo do ácido cítrico. Os corpos cetónicos son solubles no plasma sanguíneo, polo que viaxan facilmente, pero, polo contrario, non se poderían transportar así os ácidos graxos, que son insolubles.

O corazón obtén unha parte pequena da súa enerxía dos corpos cetónicos, agás en circunstancias especiais, xeralmente utiliza principalmente os ácidos graxos.

O cerebro obtén tamén parte da súa enerxía dos corpos cetónicos cando a glicosa está menos dispoñible. Cando hai unha baixada do nivel de azucre glicosa no sangue, moitos outros tecidos poden obter enerxía adicional a partir dos corpos cetónicos orixinados a partir dos ácidos graxos do propio tecido, pero o cerebro depende dos corpos cetónicos que chegan por vía sanguínea. Despois de que os niveis de glicosa baixen no sangue durante 3 días seguidos, o cerebro obtén o 25% da súa enerxía dos corpos cetónicos. Despois de 4 días, a cifra sobe ao 70%. Durante as fases iniciais deste proceso o cerebro non consome os corpos cetónicos, xa que son importantes substratos para a síntese dos lípidos do cerebro.

                                     

3. Produción

A gran maioría dos corpos cetónicos orixínanse como resultado do metabolismo dos ácidos graxos vía acetil-CoA, pero tamén se poden orixinar menores cantidades como resultado do metabolismo dos aminoácidos cetoxénicos.

                                     

3.1. Produción No metabolismo de ácidos graxos vía acetil-CoA

Os corpos cetónicos orixínanse a partir do acetil-CoA principalmente na matriz mitocondrial dos hepatocitos do fígado cando os carbohidratos son escasos e a enerxía debe obterse a partir da degradación dos ácidos graxos por beta-oxidación. Neste estado o nivel de acetil-CoA na célula é alto, o que fai que o complexo encimático da piruvato deshidroxenase se inhiba, e a piruvato carboxilase se active. O oxalacetato producido entra na gliconeoxénese en lugar de no ciclo do ácido cítrico, e, ademais, este está tamén inhibido polo elevado nivel de NADH, que se orixina como resultado da ß-oxidación dos ácidos graxos. Como nesas condicións o acetil-CoA non pode entrar no ciclo do ácido cítrico, o exceso de acetil-CoA utilízase para a produción de corpos cetónicos cetoxénese. Isto ocorre en estado de xaxún.

A biosíntese mitocondrial de corpos cetónicos ocorre seguindo os seguintes pasos:

  • A primeira reacción é a condensación de dúas moléculas de acetil-CoA para formar acetoacetil-CoA, pola acción do encima β-cetotiolase.
  • A molécula de acetoacetil-CoA condensa con outra molécula de acetil-CoA para formar ß-hidroxi-ß-metilglutaril-CoA HMG-CoA, por acción do encima HMG-CoA sintase.
  • Finalmente, a HMG-CoA liase rompe o HMG-CoA nunha molécula de acetoacetato e outra de acetil-CoA.

A partir do acetoacetato vanse orixinar os outros corpos cetónicos. Unha parte do acetoacetato redúcese a β-hidroxibutirato na propia mitocondria, o que consome unha molécula de NADH, esta reacción é catalizada pola β-hidroxibutirato deshidroxenase que se encontra estreitamente asociada á membrana mitocondrial interna.

En condicións normais, unha mínima proporción de acetoacetato sofre unha lenta descarboxilación espontánea, non encimática, a acetona o que significa que este corpo cetónico será degradado nunhas 5 horas se non se precisa para producir enerxía e o produto será eliminado como un residuo. A acetona non pode converterse de novo en acetil-CoA, polo que se excreta na urina, ou é exhalada ao respirar como consecuencia da súa alta presión de vapor. A acetona é responsable do característico cheiro "a froita" do alento das persoas en estado de cetoacidose.



                                     

3.2. Produción No metabolismo de aminoácidos

A degradación dos aminoácidos cetoxénicos orixina corpos cetónicos. Concretamente, os aminoácidos fenilalanina, tirosina, leucina, lisina e triptófano degrádanse orixinando acetoacetil-CoA no fígado, o cal pode converterse nos corpos cetónicos acetoacetato e beta-hidroxibutirato.

Algúns aminoácidos normalmente glicoxénicos que orixinan piruvato, especialmente alanina, cisteína e serina, poden formar acetoacetato a partir de acetil-CoA, particularmente en casos de diabete.

                                     

4. Cetose e cetoacidose

A produción destes compostos chámase cetoxénese, e é un proceso necesario en pequenas cantidades. Os corpos cetónicos fórmanse en maiores cantidades en situacións nas que o metabolismo da glicosa non pode funcionar normalmente, como son: descompensación diabética con cifras elevadas de glicosa en sangue, hipoglicemias, xaxún prolongado.

Cando se acumula un exceso de corpos cetónicos, este estado chámase cetose. A cetose pode cuantificarse analizando o aire que expulsa o paciente, e comprobando a presenza de acetona por cromatografía de gas. Os diabéticos poden comprobar eles mesmos a presenza de acetona nos seus corpos utilizando kits para a análise de urina ou sangue.

Tanto o ácido acetoacético coma o ácido beta-hidroxibutírico, cando se acumulan grandes cantidades, fan que o pH sanguíneo baixe perigosamente acidificación, este estado denomínase cetoacidose. Isto ocorre fundamentalmente na diabete tipo I non tratada, e menos frecuentemente na diabete tipo II cetoacidose diabética ou tamén na cetoacidose alcohólica. A causa desta acetoacidose é en ambos os casos a mesma: a célula non ten suficiente glicosa, no caso da diabete a falta de insulina evita que a célula reciba glicosa, entanto que no caso da cetoacidose alcohólica, a inanición provoca que haxa menos glicosa dispoñible en xeral.



                                     

5. Véxase tamén

Ligazóns externas

  • BioCarta Pathways Formation of Ketone Bodies.
  • MeshName - Ketone+Bodies.
  • EMedicine|emerg|135 Diabetic Ketoacidosis.
  • NHS Direct Online Health Encyclopaedia, Ketosis.
  • Fat metabolism at unisanet.unisa.edu.au.
                                     
  • considérase un corpo cetónico xunto coa acetona e o acetoacetato, pero, en realidade, desde un punto de vista químico non contén ningún grupo cetona xa que
  • cetónicos cetoxénese como son o acetoacetil - CoA, a acetona ou o beta - hidroxibutirato este último non é tecnicamente un verdadeiro corpo cetónico segundo
  • 1071 CH9671823. A. Lehninger. Principios de Bioquímica. Omega. 1988. Páxinas 524, 536, 544. ISBN 84 - 282 - 0738 - 0 Corpo cetónico Acetona Ácido beta - hidroxibutírico
  • gasto de NADPH Na cetoxénese o HMG - CoA utilízase para a formación do corpo cetónico acetoacetato. Orixínase a partir do acetoacetil - CoA, que se une a unha
  • Son corpos cetónicos compostos como o acetoacetato, β - hidroxibutirato ou acetona. O acetoacetil - CoA intervén na síntese destes corpos cetónicos no fígado
  • descontrolada de corpos cetónicos que causan unha acidose metabólica. Mentres que cetose se refire a calquera elevación de cetonas en sangue, cetoacidose
  • oxoácidos, son compostos orgánicos que conteñen un grupo carboxilo e un grupo cetona Os alfa - cetoácidos son especialmente importantes en bioloxía xa que algúns
  • aminoácido cetoxénico, que se aplica a aqueles que se poden transformar en corpos cetónicos aínda que hai aminoácidos que poden ser tanto glicoxénicos coma cetoxénicos
  • déficit de insulina é grave, a utilización do tecido adiposo produce corpos cetónicos Os fenómenos de resistencia á insulina e o seu déficit son a base
                                     
  • outra variante é o ácido β - cetoglutárico, que só varía na posición do grupo cetona e que é moito menos común polo que cando non se menciona a letra grega
  • prodúcense corpos cetónicos os cales poden circular polo sangue. En certas circunstancias, isto pode facer que haxa niveis moi elevados de corpos cetónicos en
  • máis antiga do Pazo que se une polo costado dereito ao corpo principal, con planta de tres corpos un central e dous que se adiantan, situándose entre eles
  • A mestura resultante é despois destilada. O exceso de carbohidratos do corpo é convertido en ácido palmítico. O ácido palmítico é o primeiro ácido graxo
  • lugar de cabelos. Segundo Hesíodo eran tres irmás, novas, fillas de Forcis e Ceto dous deuses mariños de formas monstruosas e irmáns entre si. As gorgonas
  • polas preferencias nas festas, déixanse aconsellar por druídas e loitan corpo a corpo nos vaos dos ríos. Aos poetas atribúenselles grandes poderes e privilexios
  • músculos do corpo No estado máis avanzado hai unha insuficiencia cardíaca e posterior morte. Sistema inmunitario: tórnase ineficiente. O corpo humano non
  • diadema, ás veces xurdindo da terra ata a cintura ou, en todo caso, co seu corpo por debaixo da liña do chan. Adoita ser retratada xemendo e chorando pola
  • tres gorgonas, fillas de Forcis e Ceto mais Hixino escribe que eran fillas de Tifón e Equidna filla de Forcis e Ceto Medusa, como as irmás Esteno e Euríala
  • Diccionario ou Lexicón, recolle a descrición do poeta Epicarmo, que a denomina ceto nome que designa un monstro particular: a filla de Xea e Ponto, pero tamén
                                     
  • resto do Estado. Tamén se denomina lagosta europea ou lagosta vermella. Corpo robusto, dividido entre cefalotórax pereión e abdome pleón ámbolos
  • máis usado no pasado do que na actualidade. Aplicábase mesmo a aldehidos - cetonas que hoxe adoitan considerarse isómeros de función. Varía o grupo funcional
  • produce mevalonato senón acetil - CoA e acetoacetil - CoA, que orixina os corpos cetónicos Endo, A. 1992 The discovery and development of HMG - CoA reductase
  • amianto ou nitrosamina cetona derivada da nicotina do tabaco ou unha variante da substancia externa que foi procesada polo corpo un metabolito que normalmente
  • citrato, pero tamén pode usarse para a síntese de ácidos graxos e corpos cetónicos por tanto, é tamén cetoxénico A biotina, tamén denominada ás veces
  • polos órganos do corpo e son excretados rapidamente pola urina, o que indica a súa presumida ausencia de papeis no metabolismo do corpo As flavonas teñen
  • Progestational Steroidal ketone cetona esteroide proxestacional A proxesterona prodúcese nos ovarios polo corpo lúteo as glándulas adrenais ou suprarrenais
  • Pellegrin, 1907 As proncipais características morfolóxicas desta especie son: Corpo oval, moi alongado, de até os 30 cm de lonxitude. Cabeza co fociño pouco
  • ácido cítrico e acetoacetato 3 - cetobutirato O acetoacetato é un corpo cetónico que se activa con succinil - CoA, e despois pode converterse en acetil - CoA
  • graxas. Albumina sérica. Proteína que transporta ácidos graxos libres. Corpos cetónicos Pequenas moléculas hidrosolubles acetoacetato e β - hidroxibutirato
  • ten á súa disposición unha maior proporción relativa de glicosa. Os corpos cetónicos produto do metabolismo dos ácidos graxos poden pasar a barreira placentaria

Users also searched:

corpo cetónico, compostos químicos. corpo cetónico,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →