Back

★ Dímero - compostos químicos ..



Dímero
                                     

★ Dímero

Un dímero é unha entidade química que consta de dúas moléculas estruturalmente similares unidas entre si por enlaces fortes ou febles, covalentes ou intermoleculares. Ás veces as dúas moléculas son idénticas e outras son distintas. A unión das dúas moléculas para formar o dímero denomínase dimerización, e o inverso da dimerización xeralmente se chama disociación. Analogamente, fálase de heterodimerización e homodimerización.

                                     

1. En bioquímica

En bioquímica, un dímero é un complexo macromolecular formado por dúas moléculas, xeralmente proteínas ou ácidos nucleicos, normalmente unidos de forma non covalente. As clorofilas do centro de reacción dos fotosistemas forman tamén un dímero.

                                     

1.1. En bioquímica Proteínas dímeras

Nas proteínas os dímeros son un tipo de estrutura cuaternaria. Os homodímeros están formados por dúas moléculas idénticas, un exemplo é a ciclooxixenase COX. Os heterodímeros están formados por dúas moléculas diferentes, un exemplo é a tubulina, formada por monómeros de alfa e beta tubulina.

A maioría dos dímeros en bioquímica non están conectados por enlaces covalentes. Un exemplo de heterodímero unido de forma non covalente é o encima transcritase inversa, que está composto por dúas cadeas polipeptídicas diferentes. Os dímeros unidos covalentemente por pontes disulfuro son máis raros, un exemplo é a proteína homodímera NEMO.

Algunhas proteínas conteñen dominios especializados que facilitan a dimerización, chamados dominios de dimerización. Un estudo atopou que as interfaces polas que se unen os homodímeros e heterodímeros son algo diferentes. Nos homodímeros hai en total máis residuos de aminoácidos e pontes de hidróxeno, aínda que a densidade de pontes de hidróxeno por residuo é maior nos heterodímeros. Nas interfaces de heterodímeros hai máis residuos cargados e hidrofílicos e nos homodímeros predominan os hidrofóbicos.

A dimerización ou a disociación poden facer cambiar o estado funcional da proteína de activo a inactivo ou viceversa. Por exemplo a glicóxeno fosforilase existe como monómero inactivo e só se activa cando se dimeriza.

                                     

1.2. En bioquímica Dímeros de pirimidinas

Os dímeros de pirimidinas fórmanse por reacción fotoquímica a partir de bases nitroxenadas pirimidínicas do ADN. Esta reacción causa mutacións no ADN, que poden ser carcinóxenas e orixinar cancro de pel.

                                     

2.1. En química Dímeros non covalentes

Os ácidos carboxílicos forman dímeros por formación de pontes de hidróxeno entre o hidróxeno ácido e o oxíxeno carbonílico en condicións anhidro. Por exemplo, o ácido acético forma un dímero en fase de gas, no que as unidades monómeras se unen por pontes de hidróxeno. En condicións especiais, a maioría das moléculas que conteñen grupos OH forman dímeros por exemplo o dímero de auga.

O borano "BH 3 aparece como o dímero diborano B 2 H 6, debido á alta acidez de Lewis do centro de boro.

Os excímeros e exciplexos son estruturas excitadas de curta duración. Por exemplo, os gases nobres non forman dímeros estables, pero forman os excímeros Ar 2 *, Kr 2 * Xe 2 * en condicións de altas presións e estimulación eléctrica.

                                     

2.2. En química Dímeros covalentes

Os dímeros moleculares fórmanse a miúdo pola reacción de dous compostos idénticos, como por exemplo: 2A → A-A. Neste exemplo, o monómero "A" dise que se dimeriza para dar o dímero "A-A". Un exemplo real son os diaminocarbenos, que se dimerizan dando un tetraaminoetileno:

2 CNR 2 → R 2 N 2 C=CNR 2

Os carbenos son moi reactivos e forman enlaces doadamente.

O diciclopentadieno é un dímero asimétrico de dúas moléculas de ciclopentadieno que reaccionaron pola reacción de Diels-Alder para dar o produto. Sometido a calor sofre a reacción inversa retro-Diels-Alder para dar os dous monómeros iguais:

C 10 H 12 → 2 C 5 H 6

Moitos elementos non metálicos aparecen como moléculas diatómicas e ás veces fálase delas denominándoas dímeros: hidróxeno, nitróxeno, oxíxeno, os halóxenos. O mercurio parece como mercurioI catión Hg 2 +, formalmente un heterodímero.

                                     

3. Química de polímeros

No contexto da química de polímeros, "dímero" tamén se refire ao grao de polimerización 2, en relación coa estequiometría das reaccións de condensación. Un exemplo serían os disacáridos, formados por dous monosacáridos. Por exemplo, a celobiosa é un dímero de glicosa, aínda que na reacción se produce auga:

2C 6 H 12 O 6 → C 12 H 22 O 11 + H 2 O

Aquí, o dímero ten unha estequiometría diferente á do par de monómeros.

                                     
  • non se reparan son mutaxénicos. Os dímeros de pirimidina son unha causa importante de melanomas en humanos. Un dímero de pirimidina ciclobutano CPD contén
  • aromáticos e é importante na ensamblaxe de filamentos e nas interaccións dímero - dímero O dominio da cola é o responsable da integración dos filamentos e da
  • actividade de ATPase GTPase. O dímero UvrA únese a un dímero UvrB e forma un complexo que pode detectar os danos no ADN. O dímero UvrA funciona como a unidade
  • Atópanse nas células eucariotas e están formados pola polimerización dun dímero constituído por dúas proteínas globulares, a α e a β tubulinas. Os microtúbulos
  • operador Met box no suco maior do ADN. Unha vez unido, o dímero MetJ interacciona con outro dímero MetJ que estaba unido á cadea complementaria do operador
  • corpos densos da célula muscular esquelética. A proteína funcional é un dímero antiparalelo, que establece enlaces cruzados entre os filamentos finos de
  • transfire a enerxía da luz a un dímero de clorofila situado preto do lado da membrana que dá ao lume tilacoidal. Este dímero ten un papel especial na fotosíntese
  • das proteínas. Cando a cisteína forma un dímero con outra cisteína, unido por unha ponte disulfuro, o dímero chámase cistina. A pesar de que está clasificada
  • dun dímero de dúas proteínas globulares, a alfa e a beta tubulina. Cada microtúbulo está composto de tres protofilamentos formados polos dímeros de tubilina
  • cada dímero O encima contén unha estrutura de tipo beta - alfa - beta, con follas beta paralelas. Contén 563 residuos de aminoácidos en cada dímero o encima


                                     
  • tubulina leva dúas moléculas de GTP, e o GTP hidrolízase a GDP cando o dímero de tubulina se engade ao extremo do microtúbulo en crecemento. Esta hidrólise
  • nos protofilamentos de tal maneira que a tubulina - β dun dímero contacta coa tubulina - α do dímero seguinte. Por iso, os microtúbulos teñen polaridade, xa
  • ao centro de reacción, que é a segunda parte do fotosistema, onde hai un dímero de clorofilas especial que perde electróns. Atrápase un fotón no complexo
  • activado pola enerxía da luz e actúa como un doante de electróns para romper o dímero de pirimidina. Baseándose na similitude de secuencias as ADN fotoliases
  • máis grandes. Neses casos, cando se usan termos como dímero de dímeros ou trímero de dímeros suxírese que o complexo pode volverse a disociar primeiro
  • unha proteína carrexadora cun tamaño de 19 687, 3 Da e está formada por un dímero de dúas cadeas polipeptídicas virtualmente idénticas. A neurofisina II é
  • 3PG 2, 3BPG 2PG A fosfoglicerato mutase atópase fundamentalemnte como un dímero formado por dúas subunidades idénticas ou moi semellantes de aproximadamente
  • heparán sulfato como os sindecanos A fibronectina existen en forma de dímero e consta de dous monómeros idénticos é un homodímero unidos por un par
  • A cistina é un aminoácido dímero formado pola oxidación e unión de dous residuos do aminoácido cisteína por medio dun enlace disulfuro covalente. Este


                                     
  • formando un dímero H3 - H4, e dous destes dímeros H3 - H4 combínanse para formar un tetrámero. Este tetrámero combínase despois con dous dímeros H2a - H2b para
  • estrutura helicoidal levoxira chamada hélice suerenrolada. As cadeas do dímero de aproximadamente 45 nm de longo, están unidas por medio de pontes disulfuro
  • β interaccionan cunha das subunidades α formando o dímero αβ e coa subunidade β do outro dímero αβ. Unha curta cadea de aminoácidos une as dúas subunidades
  • é dicir, cos extremos amínico e carboxílico cara ao mesmo lado. Dous dímeros asócianse de forma antiparalela para dar un tetrámero. Os tetrámeros asócianse
  • respiratoria dos leucocitos polimorfonucleares. A IgA polimérica principalmente o dímero secretor prodúcena as células plasmáticas na lámina propia adxacente ás
  • N - terminal e as C1 e C2. Os subdominios C1a e C2a son homólogos e forman un dímero intramolecular no que está o centro activo. En Mycobacterium tuberculosis
  • estrutural hélice xiro hélice xiro hélice que permite unha fácil formación do dímero Tamén comparten a característica de teren longas colas nun extremo da
  • quinases dependentes de proteínas. Por exemplo, a proteína quinase G é un dímero que consta dunha unidade catalítica e outra regulatodora, no que a unidade
  • a molécula se disocia en dímeros α e β, os cales se unen á proteína de transporte, haptoglobina. Esta transporta os dímeros ao fígado, onde posteriormente
  • noutros tipos de neoplasmas de células T. Para funcionar, o CD8 forma un dímero que consta dun par de cadeas CD8. A forma máis común de CD8 está composta
                                     
  • transportada dentro dos gránulos alfa das plaquetas. A forma celular é un dímero de dúas subunidades idénticas, FXIII - A, cada unha das cales consta dun péptido

Users also searched:

dímero, compostos químicos. dímero,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →