Back

★ Farnesol - alcohois graxos ..



Farnesol
                                     

★ Farnesol

O farnesol é un composto orgánico natural de 15 carbonos pertencente aos alcohois sesquiterpenos acíclicos. En condicións estándar de presión e temperatura é un líquido incoloro. É insoluble en auga pero miscible con aceites.

O farnesol prodúcese a partir de compostos de isopreno de 5 carbonos en plantas e animais. Os derivados activados con fosfato do farnesol son os materiais básicos para a formación da maioría, se non todos, os sesquiterpenoides acíclicos. Estes compostos son duplicados para formar o escualeno de 30 carbonos, o cal á súa vez é o precursor dos esteroides en plantas, animais, e fungos. O farnesol e os seus derivados son importantes compostos a partir dos cales se inicia a síntese orgánica artificial e natural.

                                     

1. Usos

O farnesol está presente en moitos aceites esenciais como o de citronela Cymbopogon, neroli das flores da laranxeira amarga, Cyclamen, nardo, rosa, almiscre, bálsamo e tolu de Myroxylon toluiferum. Utilízase en perfumaría para enfatizar os olores de perfumes florais doces. O seu método de acción para potenciar o recendo dos perfumes é funcionar como cosolvente que regula a volatilidade dos odorantes. Utilízase especialmente na perfumaría das lilas.

O farnesol é un pesticida natural para as carrachas e unha feromona para outros insectos.

Nun informe de 1994 realizado por cinco compañías fabricantes de cigarros, o farnesol estaba na lista dos 599 aditivos contidos nos cigarros, como ingrediente aromatizador.

                                     

2. Fontes naturais e síntese

O farnesol prodúcese a partir de compostos de isopreno en plantas e animais. Cando o xeranil pirofosfato reacciona co isopentenil pirofosfato, o resultado é o farnesil pirofosfato de 15 carbonos, o cal é un intermediario na biosíntese de sesquiterpenos como o farneseno. A oxidación pode despois proporcionar sesquiterpenoides como o farnesol.

                                     

3. Historia do nome

O farnesol encóntrase en extractos de flores e ten unha longa historia de uso en perfumaría. A substancia pura farnesol foi denominada así entre 1900 e 1905 pola árbore acacia de Farnesio Vachellia farnesiana, xa que as flores desa árbore eran as fontes comerciais da esencia floral na cal os químicos o identificaron, e coa adición da terminación ol propia dos alcohois. Esta especie de acacia, á súa vez, recibiu o seu nome polo cardeal Odoardo Farnese 1573-1626 da importante familia aristocrática italiana dos Farnesio Farnese, en italiano, a cal entre 1550 e o século XVII tiña uns dos primeiros xardíns botánicos privados europeos nos xardíns Farnese de Roma. A árbore foi traída a ditos xardíns desde os seus lugares de orixe no Caribe e América Central.

                                     

4. Efectos sobre a saúde

Suxeriuse que o farnesol funciona como quimiopreventivo e axente antitumoral. O farnesol utilízase como desodorizante en produtos cosméticos pola súa actividade antibacteriana. O farnesol está suxeito a restricións no seu uso en perfumaría xa que algunhas persoas poden quedar sensibilizadas a dito composto, aínda que as probas de que o farnesol pode causar alerxias en humanos son discutidas.

                                     

5. Funcións biolóxicas

O farnesol é utilizado polo fungo patóxeno oportunista ou comensal Candida albicans como unha molécula para a percepción do quórum quorum sensing que inhibe a formación de filamentos.

                                     
  • orgánulo que se encontra en grandes cantidades nos miocitos. Farneseno Farnesol Xeranil pirofosfato Xeranilxeranil pirofosfato Dhar MK, Koul A, Kaul S
  • alcohois isoprenoides en isoprenoides difosfatos. En concordancia con isto, o farnesol e o xeranilxeraniol poden compensar os efectos causados polas estatinas
  • nos clorosomas colócanos nunha organización laminar, na que as colas de farnesol da bacterioclorofila se mesturan cos carotenoides, formando unha estrutura
  • inhibida por un derivado do mevalonato, que segundo algúns estudos é o farnesol aínda que este papel foi discutido. Os niveis crecentes de esterois incrementan
  • isoprenilación ou prenilación, adición dun grupo isoprenoide por exemplo, farnesol ou xeranilxeraniol farnesilación xeranilxeranilación glipiación, formación
                                     
  • asimétrica dun carotenoide de 40 unidades. Un exemplo de sesquiterpeno é o farnesol Diterpenos. Terpenos de 20 carbonos equivalen a 2 monoterpenos ou 4 isoprenos
  • Farnesio cardeal Ducado de Parma e Plasencia Isabel de Farnesio Paulo III Farnesol química Árbore xenealóxica da familia Farnesio entre 1390 e 1766.
  • e traídas de auga. A oxidación do farneseno orixina o sesquiterpenoide farnesol As lactonas sesquiterpénicas son un tipo común de sesquiterpenoides que

Users also searched:

farnesol, alcohois graxos. farnesol,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →