Back

★ Compresor alternativo frigorífico - refrixeración ..



Compresor alternativo frigorífico
                                     

★ Compresor alternativo frigorífico

Un compresor alternativo frigorífico é un dispositivo mecánico que levan os refrixeradores e que ten como función principal modificar as propiedades físicas dun fluído compresible variando a súa presión, entalpía, densidade e temperatura mediante o movemento lineal dun pistón no interior dun cilindro. Dependendo como o compresor logre variar as condicións do fluído existen tamén outros tipos de compresores como son o centrífugo, o de espiras, o de paletas e o de parafuso.

Segundo o tipo de construción existen tres grandes grupos de compresores, os herméticos, semiherméticos e os abertos. Os compresores herméticos caracterízanse polo feito de ter toda a súa maquinaria eléctrica e mecánica no interior dunha envoltura, sen ter acceso libre ao interior, sendo moi laboriosa e difícil a súa reparación. Outro tipo de compresores son os semiherméticos que ao igual que os herméticos teñen toda a súa maquinaria dentro dun mesmo bloque pero a diferenza destes pódese acceder ao seu interior extraendo varios parafusos, facilitando a súa reparación. Os compresores abertos teñen como principal característica que a parte mecánica do compresor está separada do motor eléctrico, transmitindo o movemento do motor eléctrico ao compresor por mediación dunha correa. Estes últimos son totalmente accesibles.

                                     

1. Funcionamento

Os compresores alternativos converten o movemento rotativo do eixe, provocado polo motor eléctrico, en movemento alternativo do pistón grazas á biela e ao eixe con forma de excéntrica. Na parte superior do cilindro atópanse as válvulas de aspiración e descarga a través das cales circula o gas refrixerante no interior do cilindro. En primeiro lugar introdúcese o gas refrixerante a baixa presión a través da liña de aspiración, a válvula de aspiración abre deixando paso ao fluído refrixerante. O seguinte paso e a compresión do fluído refrixerante coa axuda do pistón unha vez que o émbolo está na parte superior do cilindro a válvula de descarga abre deixando pasar o fluído refrixerante á liña de descarga. É neste proceso onde o compresor muda as propiedades físicas do refrixerante aumentando a presión e a temperatura que fan que a máquina frigorífica realice a súa función.

                                     

2. Características

Como consecuencia das súas dimensións este tipo de compresor ten unhas potencias de traballo reducidas que poden oscilar de 1 C.V. ata 25 C.V. podendo chegar a desprazar un volume de refrixerante de 1000 m³/h.

                                     

3. Rendementos dun compresor frigorífico

Como calquera outra máquina un compresor frigorífico alternativo non aproveita toda e enerxía eléctrica subministrada para convertela na súa totalidade en traballo mecánico é dicir ten un rendemento enerxético inferior ao 100%. Debido a que o compresor está formado por pezas móbiles e entre elas hai rozamentos o rendemento mecánico diminúe segundo sexa a calidade dos materiais e da súa fabricación. A isto engádese o feito de que o rendemento do motor eléctrico que fai mover o eixe do compresor tamén diminúe debido a perda de calor por efecto Joule nos bobinados do mesmo. É por iso que cando se escolle un compresor é preciso ver todas estas características que influirán na durabilidade e consumo do compresor durante a súa vida útil.

                                     
  • movemento xiratorio. Segundo o sistema de funcionamento clasifícanse en: Compresor centrífugo Compresor de paletas Compresor de parafuso Compresor de espiral
  • Un compresor de paletas é un tipo de compresor volumétrico. Consiste nun cilindro estator que contén un pistón cilíndrico plano rotor no que o eixe
  • outra banda implica que o sobrequentamento dos vapores que chegan ao compresor sexa máis importante. Os intercambiadores de calor poden clasificarse

Users also searched:

compresor alternativo frigorífico, refrixeración. compresor alternativo frigorífico,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →