Back

★ Condensador multitubular - refrixeración ..



Condensador multitubular
                                     

★ Condensador multitubular

Un condensador multitubular é un tipo de condensador que ten como obxectivo mellorar a transmisión de calor entre dous fluídos en movemento. Agrúpanse en paralelo no interior dun cilindro de grande diámetro todos os tubos destinados á circulación da auga. A condensación do fluído refrixerante faise no exterior destes tubos de auga, servindo a parte inferior como recipiente de líquido refrixerante condensado, sen que o líquido acumulado interfira na condensación dos vapores sobre o feixe de tubos. Os tubos, están separados uns doutros unhas 1.5 veces o seu diámetro exterior e van dispostos seguindo unha armazón de triángulos equiláteros. O circuíto de auga dos condensadores con tubos rectos pode limparse con facilidade sen ter que intervir no circuíto de fluído refrixerante. Nos condensadores que utilizan como medio arrefriador a auga do mar os elementos que están en contacto deberán estar formados por una aliaxe de cobre-níquel para evitar a corrosión.

                                     

1. Características

O condensador multitubular está formado polos seguintes elementos:

  • As tomas de entrada e saída do fluído refrixerante, situadas a cada extremo da calandra e en oposición unha da outra 4.
  • Dúas tapas exteriores de fundición 5, ou ben formadas cada unha por unha brida de aceiro e un fondo embutido soldado na brida. Estas tapas incorporan os dispositivos cos pasos necesarios para a unión en paralelo dun número determinado de tubos co fin de que a velocidade de circulación da auga estea comprendida entre 1 e 2.5 m / s. Desta forma asegúrase un bo coeficiente de transmisión térmico global. Levan tamén incorporadas as tomas para a entrada E a saída S da auga.
  • Un corpo cilíndrico 1, chamado calandra, construído en forma de tubo de aceiro estirado sen soldadura, ou ben, se o diámetro é demasiado grande, con chapa de aceiro dobrada e soldada. Nos extremos laterais da calandra van soldadas dúas tapas de fondo 2 de aceiro que incorporan tantos buratos como tubos compoñen o feixe multitubular.
  • Un feixe tubular 3 construído con tubos de aceiro estirado ou cobre, soldados nas tapas de fondo por onde circula a auga.
  • Dúas xuntas de caucho 6 aseguran a estanquidade da auga entre as tapas e as placas tubulares.
                                     
  • térmico, un condensador é un aparello empregado para condensar unha substancia, pasándoa do seu estado gasoso para o líquido. A condensación pódese producir

Users also searched:

condensador multitubular, refrixeración. condensador multitubular,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →