Back

★ Aflatoxina - lactonas ..



Aflatoxina
                                     

★ Aflatoxina

As aflatoxinas son unhas micotoxinas naturais producidas polas especies de fungos Aspergillus flavus e Aspergillus parasiticus. O nome aflatoxina acuñouse arredor de 1960 despois de descubrirse que a fonte da "enfermidade Pavo X" eran as toxinas do fungo A spergillus fla vus. As aflatoxinas son tóxicas para homes e animais e están entre as substancias máis carcinóxenas coñecidas. Despois de entraren no corpo, as aflatoxinas poden ser metabolizadas polo fígado orixinando un intermediario epóxido reactivo ou son hidroxiladas dando lugar á aflatoxina M 1, que é menos daniña.

                                     

1. Principais tipos de aflatoxinas e os seus metabolitos

Na natureza prodúcense polo menos 14 tipos de aflatoxinas. A aflatoxina B 1 considérase a máis tóxica e prodúcena o Aspergillus flavus e o Aspergillus parasiticus. As aflatoxinas G 1 e G 2 prodúceas exclusivamente o A. parasiticus. Aínda que a presenza de Aspergillus en produtos alimenticios non sempre indica a presenza de niveis nocivos de aflatoxina, si supón un risco significativo. As aflatoxinas M 1, M 2 descubríronse orixinalmente no leite de vacas que se alimentaban de cereais balorentos. Estes compostos son produto dun proceso de conversión no fígado do animal, porén, a aflatoxina M 1 está presente no caldo de fermentación de Aspergillus parasiticus.

As principais aflatoxinas son:

  • Aflatoxina M 1, metabolito da aflatoxina B 1 en humanos e animais a exposición a niveis de ng pode proceder do leite materno.
  • Aflatoxinas G 1 e G 2, producidas por Aspergillus parasiticus.
  • Aflatoxinas B 1 e B 2, producidas por Aspergillus flavus e A. parasiticus.
  • Aflatoxina M 2, metabolito da aflatoxina B 2 no leite bovino alimentado con alimentos contaminados.
  • Aflatoxina Q 1 AFQ 1, principal metabolito da AFB 1 en preparacións in vitro de fígado doutros vertebrados superiores.
  • Aflatoxicol.
                                     

2. Condicións de contaminación

Os membros do xénero Aspergillus produtores de aflatoxinas están moi estendidos na natureza. Poden e contaminar os grans de cereais antes da súa colleita ou durante o seu almacenamento. Os vexetais cultivados hóspedes, entre os que están o millo, sorgo, e cacahuetes, son especialmente susceptibles á infección por Aspergillus despois dunha prolongada exposición a unha contorna moi húmida, ou a danos por condicións estresantes como a seca, unha condición que facilita a entrada. En 2003, 120 persoas morreron en Kenya despois de comer millo con altos niveis de aflatoxinas.

O hábitat nativo de Aspergillus é o solo, vexetación en putrefacción, palla, e grans de cereais que sofren deterioración microbiolóxica, e invade todos os tipos de substratos orgánicos onde as condicións son favorables para o seu crecemento. Entre as condicións favorables están o contido de humidade alta polo menos o 7% e a alta temperatura. O proxecto Aflacontrol, dirixido polo IFPRI e outras organizacións, estudou os custos da redución do risco por aflatoxinas no millo e cacahuete en África.

A toxina tamén se pode atopar no leite de animais que son alimentados con comida contaminada.

En produtos comercializados internacionalmente como manteiga de cacahuete, aceites de cociñar, como o de oliva, cacahuete e sésamo, e cosméticos ás veces detectouse contaminación por aflatoxinas. Nalgúns casos, a cromatografía líquida-espectrometría de masas en tándem LC-MS / MS e outros métodos analíticos, revelaron que do 48% ao 80% das mostras de produtos seleccionados contiñan cantidades detectables de aflatoxinas.

                                     

3. Patoloxía

A exposición a un nivel alto de aflatoxina produce unha necrose hepática aguda, que orixina máis tarde cirrose, ou cancro hepático.

Ningunha especie animal é inmune aos efectos tóxicos agudos das aflatoxinas, pero os humanos adultos teñen unha alta tolerancia á exposición á aflatoxina e raramente morren por unha aflatoxicose aguda.

A exposición subclínica crónica non causa síntomas tan fortes como a aflatoxicose aguda. Porén, os nenos son especialmente afectados pola exposición a aflatoxina, o que lles produce atrofia no crecemento e atraso no desenvolvemento. A exposición crónica tamén orixina un alto risco de desenvolver un cancro hepático, xa que os metabolitos de aflatoxinas poden intercalarse no ADN e alquilar as bases con residuos de epóxidos. Isto crese que causa mutacións no xene p53, que é un xene importante para a prevención da progresión do ciclo celular cando hai mutacións no ADN, ou para sinalar a apoptose morte celular programada. Estas mutacións parecen afectar a algunhas localizacións de pares de bases máis que a outras, por exemplo, a terceira base do codón 249 do xene p53 parece ser máis susceptible ás mutacións mediadas por aflatoxina que outras bases próximas.

As investigacións médicas indican que unha dieta regular que inclúa vexetais apiáceos, como cenorias, charouvías, apio, e perexil poden reducir os efectos carcinóxenos da aflatoxina.

Ademais, a aflatoxina B 1 pode permear a través da pel. A exposición dérmica a esta aflatoxina en condicións ambientais particulares pode supoñer a graves riscos para a saúde.

Como a aflatoxina B 1 pode causar inmunosupresión, a exposición está asociada cun incremento da carga viral en persoas VIH positivas.



                                     

3.1. Patoloxía Embarazo

Algúns estudos mostraron unha relación significativa entre a exposición á aflatoxina B1 4 mg / kg, nunha soa dose e a teratoxénese a aparición de anomalías no desenvolvemento en hámsteres.

                                     

4. Microbioloxía

As aflatoxinas considéranse as micotoxinas máis importantes. Sintetízanse só por unhas poucas especies de Aspergillus, das cales A. flavus e A. parasiticus son as máis problemáticas. A expresión de doenzas relacionadas con aflatoxinas está influenciada por factores como a especie, idade, nutrición, sexo, e a posibilidade de exposición concorrente a outras toxinas. O principal órgano diana en mamíferos é o fígado, así que as aflatoxicoses son principalmente doenzas hepáticas. As condicións que aumentan a probabilidade de aflatoxicose en humanos inclúen a dispoñibilidade limitada de alimentos variados, condicións ambientais que favorecen o crecemento de fungos nos alimentos, e a falta de sistemas para a regulación, vixilancia, e control da presenza de aflatoxinas nos alimentos.

A. flavus e A. parasiticus son mofos que crecen en moitos substratos, especialmente en condicións de alta humidade. As aflatoxinas foron illadas de todos os principais cereais cultivados, de fontes tan diversas como a manteiga de cacahuete e o cánnabis. Alimentos que con frecuencia están contaminados con aflatoxinas son a mandioca, chiles, millo, sementes de algodón, millo miúdo, cacahuetes, arroz, sorgo, pipas de xirasol, noces, trigo, e outras varias plantas usadas para o consumo humano ou animal. Cando se procesan estes produtos, as aflatoxinas entran dentro da cadea xeral de alimentación e poden aparecer en alimentos humanos de mascotas, ou de animais de granxa. Os produtos da transformación das aflatoxinas atópanse ás veces en ovos, lácteos, e carne cando os animais foron alimentados con cereais contaminados.

                                     

5. Detección en humanos

Hai dúas técnicas principais que son as máis utilizadas para detectar os niveis de aflatoxinas en humanos.

O primeiro método é medir o aduto AFB 1 -guanina na urina dos suxeitos. A presenza deste produto de degradación indica unha exposición á aflatoxina B1 durante as últimas 24 horas. Esta técnica mide só as exposicións recentes. Debido á vida media deste metabolito, o nivel de AFB 1 -guanina medido pode variar dun día para outro, dependendo da dieta, e non é un método ideal para estimar a exposición a longo prazo.

Outra técnica que se ten usado é unha medida do nivel do aduto AFB 1 -albumina no soro sanguíneo. Este enfoque proporciona unha medida máis integrada da exposición ao longo de semanas ou meses.

                                     

6. Animais

A aflatoxina pode orixinar doenzas hepáticas en cans, pero non todos os cans expostos a aflatoxina desenvolverán doenzas hepáticas, xa que depende da dose da exposición. Algúns cans que desenvolven doenzas hepáticas poden recuperarse.

Un nivel baixo de exposición da aflatoxina require un consumo continuo durante varias semanas ou meses para que aparezan signos de disfunción hepática. Algúns artigos suxiren que o nivel tóxico na comida para cans é de 100–300 ppb e require unha continua exposición ou o consumo durante de algunhas semanas ou meses para desenvolver a aflatoxicose.

Os pavos son extremadamente susceptibles á aflatoxicose. Recentes estudos revelaron que isto se debe ao eficiente metabolismo mediado polo citocromo P450 da aflatoxina B1 no fígado dos pavos e a deficiente detoxificación mediada pola glutatión-S-transferase.

Non hai antídoto específico para a aflatoxicose. Os coidados de mantemento inclúen a administración de fluídos con dextrosa, vitaminas K e B, e unha dieta proteica restrinxida pero de alta calidade cun contido adecuado de carbohidratos.



                                     

7. Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Aflatoxina, ICRISAT.
  • Aspergillusflavus.org.
  • Lista detallada e información sobre todas as micotoxinas de Aspergillus.
  • Diamond Pet Food Recall.
                                     
  • aflatoxina nun époxido electrofílico. Existen catro aflatoxinas principais, coñecidas como aflatoxina B1, aflatoxina B2, aflatoxina G1 e aflatoxina G2
  • tetraciclina Acetoxeninas Annonacina Uvaricina Outros Discodermolida Aflatoxina Ácido usínico IUPAC. Gold Book Robinson JA 1991 Polyketide synthase
  • fungos Aspergillus flavus ou A. parasiticus contamina as sementes con aflatoxinas perigosas substancias canceríxenas. O termo ven do náhuatl tlālcacahuatl
  • adoitan ser carcinóxenos, tales como o exo 8, 9 - epóxido pero non o endo da aflatoxina B1, acridinas como a proflavina ou a quinacrina, ou o bromuro de etidio
  • carcinóxenos como a aflatoxina As ratas que recibían doses altas de caseína desenvolvían focos precancerosos causados pola aflatoxina e os que recibían
  • flavus, que contamina os alimentos como noces, millo e outros e produce aflatoxinas Os investigadores do Servizo de Investigación Agrícola de EUA atoparon
  • converterse nunha célula cancerosa. Hai moitos carcinóxenos naturais. A aflatoxina B1, que produce o fungo Aspergillus flavus cando crece en cereais almacenado
  • químicos: por exemplo arilaminas colorante industrial no cancro da vexiga, aflatoxina toxina de fungo no carcinoma hepatocelular. Irritación crónica: a irritación
  • Incorporadas ó alimento durante a produción ou elaboración posterior: Aflatoxinas Histamina A relación de substancias químicas potencialmente presentes
                                     
  • de toxinas producidas por microorganismos que contaminan o alimento aflatoxinas toxinas botulínicas por produción de toxinas no organismo como consecuencia
  • do ADN son frecuentemente carcinóxenos: o benzopireno, as acridinas, a aflatoxina e o bromuro de etidio son exemplos ben coñecidos. Porén, debido á súa
  • respectivamente, en canto ás súas propiedades cinéticas e no metabolismo da aflatoxina B1. Os CYPs foron tamén moi estudados en insectos, xeralmente para comprender
  • comporte como un análogo da adenina e dando lugar a erros de apareamento. A aflatoxina B1 é un carcinóxeno poderoso que se une á posición N7 da guanina. A formación

Users also searched:

aflatoxina, lactonas. aflatoxina,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →