Back

★ Daunorrubicina - compostos químicos ..



Daunorrubicina
                                     

★ Daunorrubicina

A daunorrubicina ou daunomicina é un quimioterápico da familia da antraciclina que se administra como tratamento para algúns tipos de cancro. É usado principalmente para tratar tipos específicos de leucemia. É un produto natural illado inicialmente da bacteria Streptomyces peucetius.

Existe unha formulación con liposomas da daunorrubicina, chamada daunorrubicina liposomal DaunoXome.

                                     

1. Historia

Na década de 1950, unha compañía de investigación italiana, Farmitalia Research Laboratories, empezou un programa de investigación para illar compostos anticancerosos procedentes de microbios que vivían no solo. Illouse unha mostra de solo da área que rodea Castel del Monte, un castelo do século XIII na rexión italiana de Apulia. Illouse unha nova cepa de Streptomyces peucetius, que producía un pigmento vermello, e a partir dela obtívose un antibiótico, que se atopou que tiña unha boa actividade contra os tumores en ratos. Dado que un grupo de investigadores franceses descubriu o mesmo composto aproximadamente ao mesmo tempo, os dous equipos decidiron chamar ao novo composto daunorrubicina, combinando o nome Dauni, unha tribo anterior ao Imperio Romano que ocupaba a área de Italia onde se illou o composto, coa palabra francesa rubis rubí, que describía a súa cor. Os ensaios clínicos empezaron na década de 1960, e o fármaco tivo éxito no tratamento de leucemias agudas e linfomas. Porén, en 1967, recoñeceuse que a daunorrubicina podía producir unha toxicidade cardíaca mortal.

                                     

2. Usos

A daunorubicina fai máis lento ou detén o crecemento de células cancerosas no corpo. O tratamento realízase xeralmente xunto con outros quimioterápicos como a citarabina, e a súa administración depende do tipo de tumor e do grao de resposta.

Ademais do seu principal uso no tratamento da leucemia mieloide aguda, a daunorrubicina tamén se usa paa tratar o neuroblastoma. A daunorrubicina foi utilizada con outros axentes quimioterápicos para tratar a fase blástica da leucemia mielóxena crónica.

A daunorrubicina tamén se usa como material de partida para a fabricación semisintética de doxorrubicina, epirrubicina e idarrubicina.

                                     

3. Mecanismo de acción

Igual que fai a doxorrubicina, a daunorrubicina interacciona co ADN por intercalación e inhibición da biosíntese macromolecular. Isto inhibe a progresión do encima topoisomerase II, que relaxa os superenrolamentos no ADN para facer a transcrición. A daunorrubicina estabiliza o complexo desta topoisomerase despois de que esta rompe a cadea do ADN para facer a replicación, o que implide que a dobre hélice do ADN se volva a selar e, deste modo, detén o proceso de replicación do ADN. Ao unirse ao ADN, a doxorrubicina ou daunomicina intercálase dirixindo o seu residuo daunosamina cara ao suco menor do ADN. Ten unha maior preferencia por sitios con dúas pares de bases G / C adxacentes flanqueadas no lado 5 por un par de bases A / T. A daunomicina únese efectivamente a cada 3 pares de bases deste tipo e induce un ángulo de desenrolamento local de 8°, pero unha distorsión non significativa da conformación da hélice. Pode tamén inducir a expulsión de histonas da cromatina por medio de intercalación.



                                     

4. Ruta de administración

A daunorrubicina só debería administrarse por infusión intravenosa rápida. Non debería administrarse intramuscularmente ou por vía subcutánea, xa que pode causar unha extensa necrose nos tecidos. Tampouco debería administrarse nunca intratecalmente no canal medular vertebral, xa que isto causaría un extenso dano no sistema nervioso e pode levar á morte. A daunorrubicina foi usada por vía intravenosa dentro do ollo co propósito de impedir a vitreorretinopatía proliferativa, unha complicación común da cirurxía de desprendemento de retina, pero non se viu que fose efectiva, polo que actualmente non se usa para ningún outro fin oftálmico.

Ten unha vida media de 26.7 horas metabolito, un metabolismo hepático e unha excreción biliar e urinaria.

                                     
  • que a daunorrubicina contra tumores murinos, en especial tumores sólidos, pero aínda mostraba cardiotoxicidade. A doxorrubicina e a daunorrubicina poden
  • unha tinguidura vermella común DDQ, un reactivo en química orgánica Daunorrubicina un fármaco anticancro Unha aplicación a escala industrial das quinonas
  • rapidamente. Algúns exemplos son a doxorrubicina adriamicina e a daunorrubicina ambos os dous usados no tratamento do linfoma de Hodgkin e a dactinomicina
                                     
  • complícanse con frecuencia con toxicidade cardíaca. A doxorrubina e a daunorrubicina son dous fármacos antineoplásicos cuxa utilidade está limitada a causa
  • transfersomas. Certos fármacos anticancerosos como a doxorrubicina Doxil e a daunorrubicina poden ser administrados por medio de liposomas. Kimball s Biology Pages
  • actinomicina, bleomicina, plicamicina, e mitomicina. A doxorrubicina e a daunorrubicina foron as dúas primeiras antraciclinas coñecidas, que se obtiveron de

Users also searched:

daunorrubicina, compostos químicos. daunorrubicina,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →