Back

★ Grupo da táboa periódica - conxuntos de elementos químicos ..



Grupo da táboa periódica
                                     

★ Grupo da táboa periódica

Un grupo ou familia da táboa periódica é cada unha das columnas verticais da táboa. Os grupos adoitan ter tendencias periódicas máis significativas que os períodos e os bloques. As teorías mecánico cuánticas modernas sobre a estrutura atómica explican as tendencias dos grupos propoñendo que os elementos dentro do mesmo grupo xeralmente teñen a mesma configuración electrónica na súa capa de valencia. Consecuentemente, os elementos do mesmo grupo tenden a ter unha química compartida e exhiben unha clara tendencia nas propiedades cun número atómico crecente. Porén, nalgunhas partes da táboa periódica como o bloque-d e o bloque-f, as semellanzas horizontais poden ser tan importantes ou incluso máis pronunciadas que as semellanzas verticais.

Seguindo a convención internacional de nomes, os grupos numéranse dende o 1 ata o 18 dende a columna máis á esquerda os metais alcalinos ata a columna máis á dereita os gases nobres. Previamente os grupos indicábanse con números romanos. En América, os números romanos ían seguidos dunha "A" se o grupo estaba no bloque s ou p, ou dunha "B" se o grupo estaba no bloque d. Os números romanos utilizados corresponden co último díxito da convención de nomes actual. En Europa as letras eran semellantes, pero a "A" utilizábase se o grupo estaba antes do grupo 10 e a "B" para este grupo e os seguintes. A maiores, os grupos 8, 9 e 10 adoitaban tratarse coma un grupo triplo, coñecido de forma colectiva en ámbalas dúas notacións como o grupo VIII. En 1988 entrou en vigor o novo sistema de nomeamento da IUPAC, desbotando os nomes anteriores. Algúns destes grupos recibiron nomes triviais non sistemáticos, malia que algúns destes nomes non son de uso habitual. Os grupos do 3 ó 10 non teñen nomes triviais e noméanse simplemente polo seu número de grupo ou polo nome do primeiro membro do grupo, xa que estes teñen poucas semellanzas e tendencias verticais.

Os elementos dun mesmo grupo tenden a seguir uns padróns de raio atómico, enerxía de ionización e electronegatividade. De arriba a abaixo nun grupo, os raios atómicos dos elementos aumentan, e xa que van tendo progresivamente máis niveis de enerxía cheos, os seus electróns de valencia atópanse máis lonxe do núcleo progresivamente. Dende a parte superior, cada elemento sucesivo ten unha menor enerxía de ionización xa que vai resultando máis doado eliminar un electrón, xa que os átomos presentan unha unión cada vez menor. De forma semellante, os grupos presentan unha diminución da electronegatividade de arriba a abaixo por mor da cada vez maior distancia entre os electróns de valencia e os núcleos. Porén, existen excepcións a estas tendencias. Por exemplo, no grupo 11, a electronegatividade increméntase nos elementos inferiores do grupo.

                                     

1. Véxase tamén

Bibliografía

  • Scerri, E. 2007. The periodic table: Its story and its significance en inglés. Oxford University Press. ISBN 0-19-530573-6.
  • Greenwood, N. N., Earnshaw, A. 1984. Chemistry of the Elements en inglés. Oxford: Pergamon Press. ISBN 0-08-022057-6.
                                     
  • Os elementos do grupo 12, segundo a numeración recomendada pola IUPAC, é un grupo de elementos químicos da táboa periódica que inclúe o cinc Zn o cadmio
  • números por exemplo, os elementos do grupo 17 son os halóxenos e os do grupo 18 os gases nobres. A táboa periódica pode utilizarse para derivar relacións
  • Os períodos son as filas horizonais da táboa periódica Malia que os grupos adoitan ter tendencias periódicas máis significativas, hai rexións nas que
  • O grupo 4 da táboa periódica compréndeno os elementos titanio Ti circonio Zr e hafnio Hf así como o elemento rutherfordio Rf aínda que non se
  • A táboa periódica dos elementos pode dividirse en bloques de elementos segundo o orbital que estean ocupando os electróns máis externos. No diagrama amósanse
  • Grupo 6, numerado polo estilo da IUPAC, é un grupo de elementos na táboa periódica Os seus membros son o cromo Cr molibdeno Mo volframio W e
  • A serie química dos halóxenos é o grupo 17 7A da táboa periódica dos elementos, formado polos seguintes elementos: flúor, cloro, bromo, iodo, ástato
  • Un elemento do grupo 11 é un elemento situado dentro da táboa periódica no grupo 11 que comprende os elementos: cobre Cu, 29 prata Ag, 47 ouro Au
  • Un elemento do grupo 5 é un elemento situado dentro da táboa periódica no grupo 5 que comprende os elementos: vanadio 23 niobio 41 tántalo 73 dubnio
  • Chámase alcalino a cada un dos elementos do primeiro grupo da táboa periódica agás o hidróxeno. Como adxectivo fai referencia a substancias ou disolucións
  • Os actínidos son un grupo de elementos que forman parte do período 7 da táboa periódica dos elementos. Estes elementos, xunto cos lantánidos, son chamados
  • Un elemento do grupo 3 é un elemento situado dentro da táboa periódica no grupo 3. Os átomos destes elementos teñen gran tendencia a oxidarse e son moi
                                     
  • elemento do período 3 é un dos elementos químicos na terceira fila ou período da táboa periódica dos elementos químicos. A táboa periódica preséntase
  • elemento químico de número atómico 53 situado no grupo dos halóxenos grupo 17 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é I. É un oligoelemento
  • Os lantánidos son un grupo de elementos que forman parte do período 6 da táboa periódica dos elementos. Estes elementos son chamados terras raras debido
  • formar máis enlaces ca o nitróxeno, que é o seu análogo máis lixeiro na táboa periódica Os compostos que conteñen boro mostran características químicas moi
  • un elemento químico da táboa periódica con símbolo As e número atómico 33. Na táboa periódica dos elementos atópase no quinto grupo principal. Pertence
  • mesmo grupo da táboa periódica Ordenados en grupos columnas son importantes e teñen un nome recoñecido: Alcalinos grupo 1 Alcalinotérreos grupo 2
  • atómico 44 situado no grupo 8 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Ru. É un metal de transición, pouco abundante, do grupo do platino. Atópase
  • Ni situado no grupo 10 da táboa periódica dos elementos. É un metal de transición de cor branca prateada, condutor da electricidade e da calor, é dúctil
  • número atómico 25 e símbolo Mn. Está situado no grupo 7 da táboa periódica dos elementos e pertence ó grupo dos metais de transición. O manganeso é un metal
  • Forma parte do grupo 2 da táboa periódica dos elementos, o dos alcalinotérreos. CIAAW Táboa periódica dos elementos PDF Consello da Cultura Galega


                                     
  • elemento químico de número atómico 27 e símbolo Co situado no grupo 9 da táboa periódica dos elementos. O cobalto é un metal duro, ferromagnético, de cor
  • molibdeno é un elemento químico de número atómico 42 que se atopa no grupo 6 da táboa periódica dos elementos e simbolízase como Mo. O molibdeno é un metal esencial
  • número atómico 46 situado no grupo 10 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Pd. É un metal de transición do grupo do platino, brando, dúctil
  • químico con número atómico 32, e símbolo Ge, pertencente ao grupo 14 da táboa periódica dos elementos. É un metaloide sólido duro, cristalino, de cor
  • sintético da táboa periódica dos elementos cuxo símbolo é Hs e o seu número atómico é 108. O seu isótopo máis estable é o Hs - 269, que ten un período de semidesintegración
  • tántalo é un elemento químico de número atómico 73 que se sitúa no grupo 5 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Ta. Trátase dun metal de transición
  • indio é un elemento químico de número atómico 49 situado no grupo 13 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é In. É un metal pouco abundante
  • O bismuto é un elemento químico da táboa periódica cuxo símbolo é Bi e o seu número atómico é 83. Este metal do bloque p, pesado, quebradizo e branco cristalino

Users also searched:

grupo da táboa periódica, conxuntos de elementos químicos. grupo da táboa periódica,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →