Back

★ Banquisa - xeo ..



Banquisa
                                     

★ Banquisa

A banquisa ou xeo mariño é unha capa de xeo flotante que se forma nas rexións oceánicas polares. O seu grosor típico está entre un metro, cando se renova cada ano, e 4 ou 5 metros, cando persiste máis tempo, como ocorre na rexión ártica máis próxima ao polo. Excepcionalmente, fórmanse engrosamentos locais de ata 20 metros de grosor. En moitas ocasións está constituída por bloques de xeo fracturados que quedaron novamente soldados.

Hai que diferenciar a banquisa orixinada por auga do océano que se conxelou das plataformas de xeo capas de xeo procedentes dos glaciares dos continentes.

                                     

1. Formación

A causa primaria da formación da banquisa é a conxelación da auga do mar desde a superficie, mais tamén pode contribuír a precipitación en forma de neve, que, non obstante, sempre é escasa nas rexións polares, sometidas permanentemente á influencia das altas presións debidas ao vórtice polar. Tamén é moi importante a formación de carazo pola baixa temperatura que fai condensar directamente a humidade atmosférica na zona polar. A auga conxélase na superficie, porque a auga do fondo non arrefría o necesario, dado a alta calor específica da auga e a súa correlativa resistencia ao cambio de temperatura. Para que a solidificación comece cómpre que a temperatura baixe ata –1.8 °C, a causa do descenso crioscópico, que é a diminución do punto de fusión / solidificación que acompaña á salinidade. Fórmanse primeiro pequenos cristais lenticulares de auga pura, que van logo xuntándose. Ao final a banquisa queda formada por un agregado de xeo de auga cun recheo de salmoira nas gretas.

                                     

2. As dúas banquisas

Existen dúas banquisas que ocupan unha parte variable do océano: unha no Ártico e outra arredor do continente antártico:

  • A banquisa antártica desaparece na súa maior parte en decembro verán no hemisferio sur e volve formarse no inverno austral, alcanzando unha extensión equivalente á do propio continente. En setembro alcanza os 18.8 millóns de km², mentres que en marzo é de só 2.6 millóns de km².
  • A banquisa ártica é historicamente permanente, fundíndose cada ano as partes máis próximas aos continentes circundantes, época aproveitada para a circunnavegación do océano Ártico. En marzo alcanza os 15 millóns de km² e en setembro os 6.5 millóns de km².

Durante os varios séculos nos que os navegantes trataron de buscar o chamado paso do Noroeste ao norte do Canadá, puidéronse comprobar distintas flutuacións da cantidade de xeo, alcanzando en varios anos niveis mínimos e recuperándose despois. Non está claro se existe un proceso de derretemento continuo do xeo ártico ou só corresponde a niveis flutuantes durante ciclos cada vez máis longos. Este paso do Atlántico ao Pacífico e viceversa queda algúns anos libre de xeo, o que permite abrir, por breve tempo, a navegación marítima. Porén, a maioría das veces require a intervención de barcos quebraxeos. Aínda que o satélite CryoSat, da ESA European Space Administration, que mide o espesor da banquisa, mostrou a finais de 2013 unha recuperación do volume do xeo oceánico ártico dun 30% respecto aos anos inmediatamente anteriores, a NASA, que mide a extensión superficial do xeo ártico, atopou unha tendencia constante de redución desde hai décadas. A tendencia é a ter unha extensión menor cada ano, ao final da época estival, que se estima que se traducirá nunha ausencia total de banquisa nesa época do ano dentro de poucas décadas, o que debería ter importantes consecuencias para o clima global, principalmente pola redución do albedo no verán boreal.

                                     

3. Ecoloxía

Moitos organismos están vinculados á banquisa. Os osos polares vagan sobre a banquisa ártica na procura de focas, e moitos peixes, focas e crustáceos krill forman unha cadea trófica que se inicia coas algas que crecen baixo o xeo, nun ambiente moi constante e enriquecido en nutrientes, especialmente favorable para a vida mariña. A alteración da banquisa pode repercutir negativamente neses seres vivos.

                                     

4. Climatoloxía

As consecuencias ambientais da evolución das banquisas non se restrinxen aos seus efectos sobre a biota mariña. Afecta tamén ao réxime climático global de dúas maneiras. En primeiro lugar, a capa de xeo abriga o océano, xa que actúa como un illante que restrinxe o fluxo de calor do mar á atmosfera: océano e atmosfera forman un sistema acoplado que regula a distribución de calor no planeta. En segundo lugar, o xeo branco da banquisa, aínda que é delgado, é moi reflectante, contribuíndo significativamente ao albedo planetario a proporción de radiación solar devolta ao espazo por reflexión, un dos parámetros que máis inflúen na evolución do clima global. A actual diminución estacional do albedo nos polos debería contribuír así ao quecemento global, nun caso de retroalimentación positiva simétrico ao que se produce nos períodos climáticos glaciais, cando a extensión dos casquetes e da banquisa acentúa precisamente o arrefriamento.

                                     
  • lixeiramente. Isto non ocorre, en cambio, coa banquisa que se forma pola conxelación da auga de mar. As banquisas son moito máis delgadas e fórmanse en todo
  • que provocan a concentración do sal. A formación de xeo cando crece a banquisa separa auga pura, deixando unha salmoira que ou ben enche as fendechas
  • dos 60º de latitude sur. O océano Austral está parcialmente cuberto pola banquisa que varía estacionalmente. O océano Antártico é o segundo máis pequeno
  • da baía - fai clic para ampliar Imaxe por satélite de Fennoscandia coa banquisa que abarca a Baía de Botnia rexión branca no centro A baía atópase na
  • glaciaré salvo nun breve período no verán, as costas están rodeadas por unha banquisa xeada que dificulta o acceso. As temperaturas medias do mes máis cálido
  • Durante os invernos, gran parte da súa superficie conxélase e cóbrese con banquisa procedente da inlandsis da Antártida, mesmo no verán é frecuente a presenza
  • Despois duns cantos intentos infrutuosos de crebar cara o sur a través da banquisa Wild dirixiu o barco a Xeorxia do Sur, despois dunha visita nostálxica
  • loses chunk of ice www.esa.int en inglés Consultado o 2021 - 01 - 07. Glaciar Corrente oceánica Inlandsis Banquisa Iceberg Google maps, Xeorxia do sur
  • variedade de ambientes, desde os trópicos ao Ártico, e da selva até a banquisa Normalmente son animais moi solitarios e non permanecen uns con outros
  • Polo Norte nun globo de hidróxeno, pero viuse forzado a baixar sobre a banquisa a 300 km ao norte de Kvitøxa o 14 de xullo, menos de tres días despois
  • Anadyr. A bordo de sete kochs pequenas naves cosacas aptas para navegar na banquisa levoulles dez semanas de navegación acadar o esteiro do Anadyr tras bordear
  • pasando polo Polo Sur, mais o Endurance, o seu barco, quedou atrapado na banquisa e afundiu once meses máis tarde. Shackleton e todo su equipo sobreviviron
  • Océano Glacial Ártico, no que o mar está cuberto por un casquete de xeo ou banquisa En 1895, o explorador noruegués Fridtjof Nansen 1861 1930 acercouse


                                     
  • máis áridas coma Australia onde puidera ser aproveitada a súa auga. A banquisa que se forma ao redor do continente antártico ten aproximadamente un metro
  • separación dunha fase sólida flotante de auga pura. É así como se forman as banquisas ao redor da Antártida ou ao redor do océano Ártico, como un agregado compacto
  • polas dúas especies de elefantes mariños. Pasa case toda a súa vida na banquisa e, nas augas pouco profundas da plataforma continental oceánica, encontra
  • golfo de San Lorenzo. Durante o inverno desprázase, seguindo a fronte da banquisa cara ao sur e no verán retírase a latitudes máis árticas. Teñen presenza
  • cubertos na súa maioría de xeo sólido Inlandsis da Antártida ou de banquisas casquete polar ártico O interior do planeta é xeoloxicamente activo
  • dese feito. Os osos polares cazan a súa comida preferida, as focas, en banquisas vivindo a miúdo das reservas de graxa cando non hai xeo mariño. Por mor
  • babord holandés bakboord  balcón italiano balcone longobardo balko  banquisa francés banquise alemán Eisbank  billarda francés billard bille
  • tonalidade agrisada no dorso. Habita nas illas máis septentrionales e banquisas de xeo do ártico canadense. Lobo de Groenlandia Canis lupus orion Subespecie
  • ao seu xuízo estendíase moito no Ártico. O seu barco quedou atrapado na banquisa no xeo movible e seguiu á deriva cara ao leste, á vista de Wrangel, antes

Users also searched:

banquisa, xeo. banquisa,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →