Back

★ Zymomonas mobilis - etanol ..



                                     

★ Zymomonas mobilis

Zymomonas mobilis é unha bacteria con forma de bacilo gramnegativa, anaerobia facultativa, non esporulante, con flaxelos polares. É a única especie do xénero Zymomonas. Ten notables capacidades de produción de bioetanol, que superan as dos lévedos nalgúns aspectos. Foi illada orixinalmente de bebidas alcohólicas como o viño de palma africano, o pulque mexicano e tamén como contaminante da sidra e cervexa en países europeos.

                                     

1. Estraga a cervexa

Zymomonas é unha bacteria transportada pola auga indesexable na cervexa, porque a estraga creando un cheiro esterosulfurado debido á produción de acetaldehido e sulfuro de hidróxeno, que pode compararse a un cheiro a mazás podres ou a froita. Zymomonas non se atopou en cervexeiras lager debido ao seu funcionamento a baixa temperatura 8–12 °C e estritos requirimentos de carbohidratos só capaz de fermentar sacarosa, glicosa e frutosa. Atópase comunmente en cervexas ale acondicionadas en bocois nas que se usa un azucre cebador para carbonatar a cervexa. A temperatura de crecemento óptimo é de 25 a 30 graos Celsius.

                                     

2. Produción de etanol

Zymomonas mobilis degrada azucres a piruvato usando a ruta de Entner-Doudoroff. O piruvato é despois fermentado para producir etanol e dióxido de carbono como únicos produtos finais igual que a fermentación alcohólica feita por lévedos.

As vantaxes de Z. mobilis sobre Saccharomyces cerevisiae con respecto á produción de bioetanol son:

  • Non require a adición controlada de oxíxeno durante a fermentación.
  • Menor produción de biomasa.
  • Maior tolerancia ao etanol de ata o 16% v / v.
  • Maior captación de azucre e rendemento de etanol ata 2.5 veces máis alto.

Porén, malia estas atractivas vantaxes, hai varios factores que impien o uso comercial de Z. mobilis na produción de etanol celulósico. O atranco principal é que a gama de substratos queda limitada a glicosa, frutosa e sacarosa. A Z. mobilis de tipo silvestre non pode fermentar azucres de 5 carbonos como a xilosa e a arabinosa, que son compoñentes importantes dos hidrolizados lignocelulólsicos. A diferenza de E. coli e dos lévedos, Z. mobilis non pode tolerar os inhibidores tóxicos presentes en hidrolizados lignocellósicos como o ácido acético e varios compostos fenólicos. A concentración de ácido acético en hidrolizados lignocelulólsicos pode ser de ata o 1.5% w / v, o que está moi por riba do limiar de tolerancia de Z. mobilis.

Fixéronse varios intentos de modificar por enxeñaría Z. mobilis para superar as súas deficiencias inherentes. O National Renewable Energy Laboratory NREL, EUA fixo importantes contribucións na ampliación do seu rango de substratos para incluír azucres de 5 carbonos como a xilosa e arabinosa., Desenvolvéronse cepas resistentes ao ácido acético de Z. mobilis por enxeñaría metabólica racional, técnicas de mutaxénese ou mutación adaptativa., Porén, cando estas cepas orixinadas por enxeñaría metabolizan azucres mixtos en presenza de inhibidores o rendemento e produtividade son moito menores, o que impide a súa aplicación industrial.

Utilizouse un amplo proceso de adaptación para mellorar a fermentación da xilosa en Z. mobilis. Ao adaptaren unha cepa nunha alta concentración de xilosa, os investigadores comprobaron que ocorreran significativas alteracións do seu metabolismo. Un cambio salientable foi que producía niveis reducidos de xilitol, un subproduto da fermentación da xilosa que pode inhibir o metabolismo da xilosa da cepa. Unha das razóns da menor produción de xilitol foi a mutación nun suposto xene que codifica unha aldo-ceto redutase que cataliza a redución da xilosa a xilitol.,

Unha característica intgeresante de Z. mobilis é que a súa membrana plasmática contén hopanoides, compostos pentacíclicos similares aos esterois de eucariotas. Isto permítelle ter unha alta tolerancia ao etanol no seu ambiente, aredor do 13%.

                                     

3. Xenoma

Secuenciouse o xenoma da cepa Z. mobilis ZM4 e consta de 2 056 416 pares de bases que conteñen 1 998 xenes codificantes de proteínas. Isto demostrou que Z. mobilis só pode metabolizar a glicosa pola ruta de Entner-Doudoroff e non pode usar a ruta de Embden-Meyerhof-Parnas.

                                     

4. Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Cepa tipo de Zymomonas mobilis en Bac Dive - the Bacterial Diversity Metadatabase.
  • Zymomonas mobilis páxina o xenoma ZM4.
  • Ethanol fermentation technology - Zymomonas mobilis.
                                     
  • da membrana cara ao aire. Na fermentación alcohólica das bacterias Zymomonas mobilis os hopanoides poden tamén ter unha función na adaptación da membrana
  • fermentación de azucre a etanol e CO2 pode realizala tamén a bacteria Zymomonas mobilis pero a ruta utilizada é lixeiramente diferente a partir da formación
  • Saccharomyces cerevisiae xene ADH4 Alcohol deshidroxenase 2 de Zymomonas mobilis xene adhB Propanodiol oxidorredutase de Escherichia coli EC 1.1
                                     
  • hilgardii lentinano Lentinus elodes levano Alcaligenes viscosus, Zymomonas mobilis Bacillus subtilis pululano Aureobasidium pullulans escleroglicano

Users also searched:

zymomonas mobilis, etanol. zymomonas mobilis,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →