Back

★ Acesulfamo-k - compostos químicos ..



Acesulfamo-k
                                     

★ Acesulfamo-k

O Acesulfamo-k é un edulcorante artificial denominado na industria alimenticia coas siglas E 950. É un edulcorante non calórico de estrutura química relativamente sinxela, que pertence á familia dos dióxidos de oxatiazinonas. Foi descuberto en 1967.

É unhas 200 veces máis doce que o azucre. Non provoca carie e é apto para diabéticos.

O acesulfamo é moi soluble en auga e pouco soluble en alcohol. Presenta estabilidade a temperaturas elevadas, ante os tratamentos tecnolóxicos e durante o almacenamento.

Emprégase en bebidas carbonatadas e non carbonatadas, produtos lácteos, como edulcorante de mesa, marmelos, lambetadas, gomas de mascar, doces, produtos enfornados, pasta dental etc.

O acesulfamo K non é metabolizado polo organismo humano. Nin se dixire nin se acumula. Elimínase rapidamente por vía renal, polo que é inocuo. O seu uso autorizouse en Inglaterra en 1983, dende entón autorizouse en Alemaña, Italia, Francia, Estados Unidos e outros países, e está considerado un aditivo seguro. A Inxesta Diaria Admisible I.D.A. de Acesulfamo é de 9.0 mg / kg

O acesulfamo en mestura con outros edulcorantes intensos como sacarina, ciclamato ou aspartamo, ou con glícidos como a sacarosa, presentase un efecto sinérxico. Esta sinerxía faio útil por dous motivos: permite unha diminución da concentración a utilizar e permite neutralizar as imperfeccións sensoriais peculiares de cada edulcorante.

                                     
  • Occidental, que o organismo metaboliza como as demais proteínas da dieta. Acesulfamo - k E 950 Este edulcorante non é metabolizado polo organismo eliminándose

Users also searched:

acesulfamo-k, compostos químicos. acesulfamo-k,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →