Back

★ Ciclamato - compostos químicos ..



Ciclamato
                                     

★ Ciclamato

O Ciclamato é un adozante, descuberto en 1937 e comercializado nos EUA anos 1960. Tamén é coñecido como E-952.

Inicialmente atribuíronselle efectos carcinóxenos, tanto ós ciclamatos como á ciclohexilamina o seu principal metabolito. O ciclamato é ilegal nos EUA 1969, Gran Bretaña 1970, Francia e Xapón, pero actualmente é un aditivo autorizado polo parlamento Europeo, con restricións.

O ciclamato é amplamente utilizado na industria alimentaria e farmacéutica como edulcorante. A inxesta máxima diaria actual é de 7 mg / kg peso corporal anteriormente ó ano 2005 eran 11 mg.

                                     

1. Historia

Esta substancia foi sintetizada por primeira vez en 1937, e utilízase como edulcorante artificial desde 1950. A partir de 1970, ante a sospeita de que podía actuar como canceríxeno e produtor de mutacións, prohibiuse o seu uso como aditivo alimentario en moitos países, entre eles EUA, Xapón, Inglaterra e Francia.

É unhas 50 veces máis doce que a sacarosa, e ten un certo regusto desagradable, que desaparece cando se utiliza mesturado coa sacarina. É moi estable,sendo resistente á calor, ó pH ácido e ó pH alcalino. Esta propiedade faino útil para edulcorar bebidas carbónicas. Non achega calorías e emprégase en bebidas, refrescos, batidos, cereais de almorzo, produtos de forno, conservas de froitas, doces e produtos farmacéuticos.Tamén se pode utilizar en iogures e como edulcorante de mesa. O ciclamato como tal ácido ciclámico é menos soluble en auga que as súas sales, que son as que se utilizan habitualmente.

O ciclamato non ten a consideración universal de aditivo alimentario sen riscos. Téñense publicado traballos indicando que, en animais de experimentación, doses altas desta substancia actúan como carcinóxeno e teratóxeno, o que significa que produce defectos no feto. O seu consumo está contraindicado en nenos e embarazadas.

Tamén se indicaron outros posibles efectos nocivos producidos pola súa inxestión en doses enormes, como a elevación da presión sanguínea ou a produción de atrofia testicular.

Os datos acerca da súa posible carcinoxenicidade son conflitivos. O efecto canceríxeno non sería debido ó propio ciclamato, senón a un produto derivado del, a ciclohexilamina, aínda que a súa carcinoxenicidade tampouco está totalmente aclarada. O organismo humano non é capaz de transformar o ciclamato neste derivado, pero si a flora bacteriana presente no intestino. O grao de transformación depende moito dos individuos, variando polo tanto a magnitude do posible risco.

Todos os datos acerca dos efectos negativos do ciclamato obtivéronse a partir de experimentos en animais utilizando doses moitísimo maiores que as inxeridas por un consumidor habitual de bebidas baixas en calorías, polo que a extrapolación non é fácil, de feito non existe un acordo xeral acerca da seguridade ou non do ciclamato.

Dende a súa prohibición nos Estados Unidos, a principal compañía fabricante presentou ás entidades gobernamentais varias solicitudes para que esta prohibición fose retirada, de acordo cos resultados de múltiples experimentos posteriores a súa prohibición, nos que non se demostraba que fose canceríxeno.

A elección, tendo en conta que a súa presenza se indica na etiqueta, corresponde finalmente ó consumidor. Esta substancia ten maiores riscos potenciais no caso dos nenos, ós que están destinados moitos produtos que o conteñen, xa que neles a dose por unidade de peso é maior, ó ser eles máis pequenos. Tamén sería máis cuestionable o seu consumo por mulleres embarazadas. O risco ocasionado polo consumo deste aditivo, caso de existir, é sumamente pequeno, pero existen outros edulcorantes alternativos que parecen ter menores riscos.

                                     
  • Os ciclames ou ciclaminos Cyclamen son un xénero da familia das Myrsinaceae anteriormente estiveron clasificados entre as Primulaceae A este xénero
  • 0 mg kg Ciclamato E 952 Os ciclamatos sales de sodio do ácido ciclámico foron descubertos en 1937 e comercializados nos USA nos anos 1960. O ciclamato é unhas
  • acesulfamo en mestura con outros edulcorantes intensos como sacarina, ciclamato ou aspartamo, ou con glícidos como a sacarosa, presentase un efecto sinérxico
  • alimentos órgano de reserva Exemplos son os casos do ciclame as Gloxinia ssp e o apio. No ciclame este órgano de reserva é un tubérculo. Outros órganos
  • exterior está dobrada sobre si mesma, creando así unha semellanza cos ciclames Narcissus cyclamineus foi descrita polo briólogo, botánico, micólogo
  • linum - stellatum L. Duby Coris Coris monspeliensis L., Coris hispanica Cyclamen ciclame Cyclamen balearicum Willk., pamporcino. Glaux Glaux maritima L., en saladares
  • vulgarmente cintas. Citrus, cultivares compactos de cítricos. Cyclamen, os ciclames Dracaena, dracaenas arbustivos ou o drago. Dieffenbachia Epipremnum aureum
                                     
  • coma Acanthus, centáureas Centaurea cyanus sasafrán Crocus spp. ciclames Cyclamen spp. xacintos Hyacinthus orientalis lis Iris spp. hedras
  • chocolate é frecuente que se substitúan os glúcidos por sacarinas ou por ciclamatos os cales poden así mesmo implicar riscos para a saúde. O chocolate negro
  • Descritivo E 950 Acesulfano potásico E 951 Aspartamo E 952 Ácido ciclámico e as súas sales ciclamatos de Na e de Ca2 E 953 Isomalta E 954 Sacarina e as súas
  • Lièvre lebre Guède Isatis tinctoria Noisetier abeleira Cyclamen ciclame Chélidoine celidonia Traîneau zorra Ventoso 19 de febreiro 20 de

Users also searched:

ciclamato, compostos químicos. ciclamato,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →