Back

★ Composto químico - compostos químicos ..



Composto químico
                                     

★ Composto químico

En química, un composto químico é unha substancia formada pola unión de dous ou máis elementos da táboa periódica, e que pode descompoñerse nestes por métodos químicos apropiados.

Os compostos, do mesmo xeito que as mesturas, están constituídos por dous ou máis elementos químicos diferentes, pero diferéncianse esencialmente destas nos seguintes aspectos:

  • Os compoñentes das mesturas poden separarse por medios físicos, pero os constituíntes dos compostos, non.
  • A formación ou descomposición dun composto químico vai sempre unida a un desprendemento ou absorción de calor, mentres que para unha mestura o efecto calorífico é nulo ou en todo caso, moi pequeno.
  • As mesturas teñen as propiedades dos seus compoñentes, pero os compostos posúen as súas propiedades específicas correspondentes.
  • As mesturas poden existir en calquera proporción mentres que os compostos fórmanse a partir dos elementos químicos en proporción invariable lei das proporcións definidas enunciada entre 1794 e 1804 polo químico francés Joseph Louis Proust.

Unha característica esencial é que ten unha fórmula química. Por exemplo, a auga é un composto formado por hidróxeno e osíxeno na razón de 2 a 1 en número de átomos.

En xeral, esta razón fixa é debida a unha propiedade intrínseca. Un composto está formado por moléculas ou ións con enlaces estables e non obedece a unha selección humana arbitraria. Por este motivo o bronce ou o chocolate son denominadas mesturas ou aliaxes pero non compostos.

Os elementos dun composto non se poden separar por procesos físicos, senón só mediante procesos químicos.

                                     

1. Formación de compostos químicos

A maioría dos elementos químicos existen en combinación con outros elementos que forman compostos químicos. De feito, só un pequeno número de elementos son libres na natureza: os átomos do gases nobres como átomos libres, o osíxeno e o nitróxeno, baixo a forma de moléculas diatómicas, O 2 e N 2, xofre en forma de moléculas con oito átomos, S 8, o carbono como grafito ou diamante e os metais preciosos.

A razón pola que os átomos se combinan para proporcionar compostos químicos reside no feito de que, en distancias moi pequenas, as nubes electrónicas interactuan de xeito que a enerxía do sistema diminúe. Pódese dicir tamén que como resultado desta interacción se xeran forzas de atracción.

Polo tanto, os electróns externos dos átomos son responsables da formación dos composts. Existen dúas formas xerais:

  • Transferencia de electróns desde átomos dun elemento a outro átomo de elemento para formar compostos iónicos, que son conectados por atracción electrostática.
  • Compartindo electróns entre diferentes átomos para formar compostos covalentes, que están ligadas debido a un efecto cuántico, a maior deslocalización de electróns.

Estes procesos xeran ligazóns químicas, forzas que manteñen os átomos xuntos os elementos nun composto.

                                     

2. Clasificación

Clasificación xenérica

Os compostos clasifícanse de forma xenérica en:

  • Orgánicos ou compostos de carbono e hidróxeno, con ou sen outros elementos.
  • Inorgánicos, que non conteñen carbono.
                                     

2.1. Clasificación Clasificación segundo o tipo de ligazón

Os compostos químicos poden clasificarse segundo o tipo de enlace químico en:

  • Complexos: unidos por enlaces covalentes coordinados.
  • Iónicos: son compostos onde os átomos quedan unidos mediante enlaces iónicos. Esta conexión adoita observarse entre átomos con grandes diferenzas na súa tendencia a perder ou gañar electróns. Estas diferenzas obsérvanse entre os metais reactivos grupos 1 e 2 da táboa periódica e non metais grupo 17 ou halóxenos e parte superior do 16. O átomo de metal iónico de baixa enerxía perde un ou dous electróns de valencia, mentres que o átomo de afinidade electrónica non metálica, moi negativo, gaña electróns. Prodúcese unha transferencia electrónica do metal ao non metálico, e cada átomo forma un ión coa configuración electrónica de gas nobre. A atracción electrostática entre ións de diferentes signos lévaos a formar unha estrutura tridimensional dun sólido iónico, fórmula química que representa a relación catión / anión fórmula empírica. Exemplos: óxido de sodio Na 2 O, cloruro de litio LiCl, sulfuro de potasio K 2 S, hidruro de calcio CaH 2. Hai tamén compostos iónicos nos que o anión ou o catión son poliatómicos, é dicir, está formado por varios átomos unidos por enlace covalente e con carga eléctrica. Exemplos de catións poliatómicos: amonio NH 4 + e uranilo UO 2 2+. Exemplos de anións poliatómicos, oxoanións de carbonato CO 3 2-, sulfato SO 4 2-, nitrato NO 3 -.
  • Covalentes: son compostos químicos onde os átomos permanecen unidos por enlaces covalentes. Se hai unha pequena diferenza entre dous átomos en canto á tendencia a perder ou gañar electróns, obsérvase un intercambio de electróns. Este tipo de ligazón é máis importante entre átomos non metálicos. Cada átomo atrae os seus electróns porque ten unha elevada enerxía de ionización, pero tamén atrae os electróns dos outros átomos. Isto fai que os átomos se unan para formar un composto. Na maioría dos caos, xéranse moléculas separadas e a fórmula química reflicte o número real de átomos na molécula fórmula molecular. Exemplos: dióxido de carbono CO 2, ácido periódico HIO 4, pentacloruro de fósforo PCl 5, etanol CH 3 CH 2 OH, ácido acético CH 3 COOH.


                                     

2.2. Clasificación Clasificación polos elementos que os forman

Os principais compostos químicos que existen na actualidade son:

  • Sales binarias, compostos formados por un hidrácido máis un hidróxido. Por exemplo, o cloruro de sodio.
  • Hidróxidos, compostos formados pola reacción entre un óxido básico e a auga, que se caracterizan por presentar o grupo oxidrilo OH. Por exemplo, o hidróxido de sodio, ou sosa cáustica.
  • Oxisales, formadas pola reacción dun oxoácido e un hidróxido, por exemplo o hipoclorito de sodio a lixivia.
  • Hidruros, que poden ser tanto metálicos como non metálicos. Están compostos por un elemento e hidróxeno. Por exemplo, hidruro de aluminio.
  • Óxidos ácidos, formados por un non metal e osíxeno. Por exemplo, óxido hipocloroso.
  • Óxidos básicos, que están formados por un metal e osíxeno. Por exemplo, o óxido plúmbico.
  • Hidrácidos, son hidruros non metálicos que, cando se disolven en auga, adquiren carácter ácido. Por exemplo, o ácido iodhídrico.
  • Oxoácidos, compostos obtidos pola reacción dun óxido ácido e auga. As súas moléculas están formadas por hidróxeno, un non metal e osíxeno. Por exemplo, ácido clórico.
                                     

3. Natureza dos compostos químicos

Enlaces

Os átomos na molécula non poden permanecer unidos sen enlaces. Existen dous tipos de enlaces: o covalente entre átomos un exemplo é a auga, que está unida mediante un enlace covalente polar e o enlace iónico, entre ións por exemplo o cloruro de sodio.

Hai algunhas excepcións á definición anterior. Algúns compostos cristalinos poden ser tratados como compostos químicos facéndoos variar de acordo á presenza ou non de elementos na estrutura cristalina. Ademais non todas as moléculas son compostos. Unha molécula diatómica de hidróxeno, representado por H2, é homonuclear, é dicir, ten átomos dun só elemento.

                                     

4. Comparación entre mesturas e compostos

Os compostos teñen diferentes propiedades físicas e químicas, que veñen dos seus elementos constituíntes. Este é un dos criterios principais para distinguir un composto dunha mestura de elementos ou substancias. As propiedades das mesturas son xeralmente similares ou relacionadas ás propiedades dos seus constituíntes.

Outro criterio é que os constituíntes dunha mestura poden separarse usualmente dun xeito simple. Pola contra os compostos son moi difíciles de separar, necesítanse de procesos físicos para iso. Polo tanto cando un composto está formado polos seus constituíntes, un cambio químico toma lugar a través das súas reaccións químicas. As mesturas poden separarse por si soas.

                                     

5. Fórmula

Os químicos describen os compostos usando os símbolos químicos dos átomos enlazados. A orde destes nos compostos inorgánicos vai desde o máis electronegativo á dereita. Por exemplo no NaCl, o cloro, que é máis electronegativo que o sodio, vai na parte dereita. Para os compostos orgánicos existen outras regras.

                                     
  • En química un composto cíclico é un composto químico no cal unha serie de átomos están conectados formando un anel ou bucle o ciclo Aínda que a gran
  • substancia ou composto químico Na natureza existen aproximadamente unha centena de elementos químicos Os átomos destes elemento químicos ao unírense forman
  • Un composto inorgánico é un composto químico no cal se combinan os átomos de dous ou máis elementos, agás o carbono. Os compostos inorgánicos conteñen
  • composto pode provocar que este absorba a distintas lonxitudes de onda, dando lugar a colorantes de diversas cores. Tamén poden facer que o composto absorba
  • artigos publicados mundialmente. química 3ª acep. no Dicionario da RAG. física, 4ª acep. no Dicionario da RAG. químico química 2ª acep., no Dicionario da RAG
  • compostos derivados deles. A aparición da química orgánica asóciase ao descubrimento, en 1828, polo químico alemán Friedrich Wöhler, de que a substancia
  • Un composto heterocíclico é un composto cíclico no que os átomos situados nos vértices do seu anel membros do anel son de polo menos dous elementos químicos
  • tamén: Organofosfato e organofosfito. Un composto organofosforado ou composto de organofósforo é un composto orgánico degradable que contén enlaces fósforo - carbono
  • un composto insaturado se lle engaden hidróxenos nos carbonos que formaban enlaces dobres ou triplos convértese nun composto saturado. Aos compostos insaturados


                                     
  • Un elemento químico ou soamente elemento, é unha substancia formada por átomos co mesmo número de protóns no núcleo. Este número coñécese como o número
  • Os compostos organosulfurados ou compostos de organoxofre son compostos orgánicos que conteñen xofre. Cando o composto de organoxofre leva un grupo funcional
  • primeiro elemento do composto é un hidróxeno, H sendo entón un ácido. ex: HCl HF - Posúe OH como último elemento do composto OH sendo entón unha
  • substancia química estableceuse a finais do século XVIII cos traballos do químico Joseph Proust sobre a composición dalgúns compostos químicos puros tales
  • A fórmula química ou fórmula molecular é un conxunto de símbolos e números que indicar o número real de átomos de cada elemento químico que hai na molécula
  • diamagnetismo do composto é dicir, pódese cuantificar con medidas de susceptibilidade magnética, e tamén no desprazamento químico dos hidróxenos veciños
  • cando o composto contén máis dun grupo nitro e é impuro. O grupo nitro é un dos explosóforos máis comúns grupo funcional que fai que un composto sexa explosivo
  • que rotando o composto meso 180 nun plano perpendicular á pantalla, obtense a mesma estereoquímica, o cal tampouco se observa nos compostos que non son
  • elementos. Estes compostos denomínanse moléculas orgánicas. Non obstante, non existe unha definición de consenso sobre o que é un composto orgánico orgánico
  • á incineración e ás súas consecuencias sobre o efecto invernadoiro. O compost é un fertilizante que, combinado coa terra, outórgalle aos solos nutrientes
                                     
  • táboa a man, cada vez que se quería ler ou escribir formular un composto químico Jons Jakob Berzelius 1779 - 1848 propuxo, no 1813, a utización de
  • asigna estes identificadores a cada composto químico descrito. CAS tamén mantén unha base de datos dos compostos químicos coñecida como rexistro CAS. O rexistro
  • 2, o cal si forma compostos máis solubles. Representación cualitativa da resposta dun organismo fronte á dose dun elemento químico esencial Calquera elemento
  • grao de verde ao que chega un proceso químico senón tamén medir outras variables como o rendemento químico o prezo dos compoñentes da reacción, a seguridade
  • inicialmente na química inorgánica, a partir da década de 1930 interesouse na estrutura molecular, en particular do composto químico ciclohexano. Foi
  • se consomen nunha reacción química a estequiometría ou as proporcións de elementos que se atopan nun composto químico Lista de valencias comúns para
  • California, Estados Unidos foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1961. Melvin naceu no seo
  • Un óxido é un composto químico formado por un ou máis átomos de osíxeno O unidos a un ou máis átomos doutro elemento. Exemplos: dióxido de carbono CO2
  • bases físicas dos sistemas e procesos químicos De acordo co químico estadounidense de renome Gilbert Lewis, A Química física é calquera cousa interesante
  • Sceptical Chemist O químico escéptico rexeita a natureza elemental da terra, do aire e da auga, e introduce o concepto de elemento químico como a substancia
  • O composto químico metanol, tamén coñecido como alcohol metílico, é o alcohol máis sinxelo. A temperatura ambiente preséntase como un líquido lixeiro de

Users also searched:

composto químico, compostos químicos. composto químico,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →