Back

★ Ciclo Brayton - ciclos termodinámicos ..



Ciclo Brayton
                                     

★ Ciclo Brayton

O Ciclo Brayton ou ciclo de Brayton é un ciclo termodinámico que describe os procesos nun motor que consta dun compresor, unha cámara de combustión e un expansor, é chamado así en honor do enxeñeiro americano George Brayton.

                                     

1. Ciclo Brayton Ideal

O ciclo Brayton é un ciclo ideal, utilizado hoxe en día para unha aproximación dos procesos térmicos que ocorren nas turbinas a gas, describindo variacións de estado presión e temperatura dos gases. O concepto é utilizado como base didáctica e para análise dos ciclos reais, que se desvían do modelo ideal, debido a limitacións tecnolóxicas e fenómenos de irreversibilidade, como o atrito.

O ciclo se constitúe de catro etapas. Primeiramente, o ar en condición ambiente pasa polo compresor, onde ocorre unha compresión adiabática e isentrópica, con aumento de temperatura e consecuente aumento de entalpía. Comprimido, o ar é dirixido ás cámaras, onde se mestura co combustíbel posibilitando a queima e quecemento, á presión constante. Ao saír da cámara de combustión, os gases, á alta presión e temperatura, se expanden conforme pasan pola turbina, idealmente sen variación de entropía. Na medida en que o fluído exerce traballo sobre as palletas, redúcense a presión e temperatura dos gases, xerándose potencia mecánica. A potencia extraída a través do eixe da turbina é usada para accionar o compresor e eventualmente para accionar outra máquina. A cuarta etapa non ocorre fisicamente, se tratando dun ciclo termodinámico aberto. Conceptualmente, esta etapa representa a transferencia de calor do fluído para o ambiente.

Desta forma, mesmo se tratando dun ciclo aberto, parte da enerxía proveniente da combustión é rexeitada so a forma de calor, contido nos gases quentes de escape. O rexeitamento de calor é un límite físico, intrínseco ao funcionamento de ciclos termodinámicos, mesmo nos casos ideais, como define a Segunda Lei da Termodinámica.

A perda de ciclo ideal pode ser cuantificada pola potencia proveniente do combustíbel, descontándose a potencia de accionamento do compresor e a potencia líquida. Así, diminúese a perda a medida que se reduce a temperatura de escape se eleva a temperatura de entrada da turbina, o que fai da resistencia, a altas temperaturas, das partes da turbina un punto extremamente crítico na tecnoloxía de construción destes equipamentos.

                                     
  • ciclo Brayton que é no que se basean as turbinas de gas pero con combustión externa. O presente artigo trata máis ben do segundo dos seus ciclos
  • forma un ciclo termodinámico a gas, cuxo modelo ideal denomínase Ciclo Brayton concibido por George Brayton en 1870. Este conxunto opera nun ciclo aberto
  • implican, son variados, e van dende o ciclo Rankine centrais nucleares, térmicas de carbón ata o ciclo Brayton centrais de gas natural pasando por

Users also searched:

ciclo brayton, ciclos termodinámicos. ciclo brayton,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →