Back

★ Ciclo de Rankine - ciclos termodinámicos ..



Ciclo de Rankine
                                     

★ Ciclo de Rankine

O Ciclo Rankine é un ciclo termodinámico. Serve de modelo para a obtención de traballo nunha turbina de vapor. Debe o seu nome ó matemático escocés William John Macquorn Rankine.

                                     

1. Procesos dun ciclo Rankine

Existen catro procesos nun ciclo Rankine, cada un alterando as propiedades do fluído de traballo. Estas propiedades son identificadas polos números no diagrama da dereita.

  • Proceso 3-4: o vapor entra nun condensador, onde é arrefriado até a condición de líquido saturado. Este líquido retorna á bomba e o ciclo repítese.
  • Proceso 1-2: o fluído presurizado entra nunha caldeira, onde é quentado a presión constante até se tornar vapor sobrequentado. Fontes comúns de calor inclúen carbón, gas natural e enerxía nuclear.
  • Proceso 2-3: o vapor sobrequentado expándese a través dunha turbina para xerar traballo. Idealmente, esta expansión é isoentrópica. Con esta expansión, tanto a presión como a temperatura se reducen.
  • Proceso 4-1: Pprimeiro, o fluído é bombeado idealmente de forma isoentrópica dunha presión baixa a unha presión alta utilizándose unha bomba. O bombeamento requere subministración de enerxía.
                                     

2. Descrición

O ciclo Rankine describe a operación de turbinas a vapor comunmente encontradas en centrais térmicas.

O fluído de traballo nun ciclo Rankine segue un ciclo fechado, e é constantemente reutilizado. O vapor que se desprende en estacións de enerxía vén do sistema de arrefriamento do condensador, e non do fluído de traballo.

                                     

3. Ecuacións

Cada unha das ecuacións seguintes poden ser obtidas facilmente a partir do balance de masa e enerxía do volume de control. A quinta ecuación define a eficiencia termodinámica do ciclo como sendo a razón entre o traballo obtido do sistema e a calor fornecida ao sistema.

                                     

4. Ciclo Rankine real non ideal

Nun ciclo Rankine real, a compresión pola bomba e a expansión na turbina non son isoentrópicas. Noutras palabras, estes procesos non son reversíbeis, e a entropía aumenta durante os procesos indicados na figura como ΔS. Isto fai que a enerxía requirida pola bomba sexa maior, e que o traballo producido pola turbina sexa menor do producido nun estado de idealidade.

                                     

5. Variacións do ciclo Rankine

Dúas variacións básicas do ciclo Rankine son utilizados actualmente.

Ciclo Rankine con requentamento

O ciclo Rankine con requentamento opera utilizando dúas turbinas en serie. A primeira turbina recibe o vapor da caldeira a alta presión, liberándoo de tal maneira que evita a súa condensación. Este vapor é entón requentado, utilizando a calor da propia caldeira, e é utilizado para accionar unha segunda turbina de baixa presión. Entre outras vantaxes, isto impide a condensación do vapor no interior das turbinas durante a súa expansión, o que podería danar seriamente pas da turbina.

Ciclo Rankine rexenerativo

O ciclo Rankine rexenerativo é nomeado desta forma debido a que o fluído é requentado após saír do condensador, aproveitando parte da calor contida no fluído liberado pola turbina de alta presión. Isto aumenta a temperatura media do fluído en circulación, o que aumenta a eficiencia termodinámica do ciclo.



                                     
  • transformacións analítica complexo de motores de calor de vapor, e estableceu o ciclo termodinámico características Ciclo Rankine Firme partidario da enerxía
  • implican, son variados, e van dende o ciclo Rankine centrais nucleares, térmicas de carbón ata o ciclo Brayton centrais de gas natural pasando por moitas
  • con toma intermedia. Turbina de gas Motor de combustión interna Pila de combustíbel Microturbinas Motores Stirling Ciclos Rankine con fluído orgánico
  • entre estes o máis importante é o Ciclo Rankine o cal xera o vapor nunha caldeira, da cal sae nunhas condicións de elevada temperatura e presión. Na turbina
  • publicación de Lord Kelvin en 1849. O primeiro texto de termodinámica foi escrito en 1859 por William Rankine un profesor da Universidade de Glasgow na
  • veces a escala Rankine R que establece o seu punto de referencia no mesmo punto da escala kelvin, o cero absoluto, pero cun tamaño de grao igual ao
                                     
  • metal de cesio considerouse tamén como fluído de traballo en xeradores turboeléctricos de altas temperaturas do ciclo Rankine Os compostos de cesio non
  • de fases é un tipo de gráfica usada para mostrar condicións equilibrio termodinámico entre diferentes fases. En matemáticas e física, un diagrama de fases
  • Ian Rankin nado o 28 de abril de 1960 en Cardenden, Fife, é un escritor en lingua inglesa de novelas policiais e guionista de banda deseñada escocés.

Users also searched:

ciclo de rankine, ciclos termodinámicos. ciclo de rankine,

...
Free and no ads
no need to download or install

Pino - logical board game which is based on tactics and strategy. In general this is a remix of chess, checkers and corners. The game develops imagination, concentration, teaches how to solve tasks, plan their own actions and of course to think logically. It does not matter how much pieces you have, the main thing is how they are placement!

online intellectual game →